Laranxa

A vitamina C da laranxa non é capaz de previr o arrefriado ou gripe; con todo comprobouse que acurta a duración da enfermidade e que logra que os seus síntomas sexan menos intensos. Ten propiedades antiinfecciosas relacionadas coa acción dos glóbulos brancos polo que o seu consumo diario está indicado non só en casos de gripe, senón en calquera outra enfermidade infecciosa, incluídas as infantís e ata, a sida.

Está recomendada para casos de trombosis, arteriosclerosis e enfermidades cardiovasculares xa que, os flavonoides contidos nela, xunto á vitamina C, potenciadora deles, teñen o efecto de inhibir a tendencia das plaquetas do sangue a formar coágulos.

Contén 4 potentes antioxidantes de gran eficacia biolóxica que se potencian coa vitamina C.

Contra o estreñimiento actúa moi eficazmente por medio de 2 accións:

- Efecto colagogo (vaciamiento da vesicula biliar)

- Estimula o peristaltismo do intestino pola súa suave fibra.

Alerxia: As persoas que presentan alta cantidade de vitamina C no sangue teñen menor risco de padecer alerxias.

Para casos de desmineralización a laranxa ten calcio que é mellor absorbida grazas á vit C.

É boa para casos de execeso de acido urico pola súa actividade alcalinizante.

Recomendada para afeccións oculares pola súa riqueza en carotenoides e antioxidantes.

Prevén o cancro e para os fumadores é esencial, xa que o tabaco, entre outras cousas acaba coa vitamina C tan importante para os nosos organismos.

 

Fibra: 2.40%

Minerais: 0.440%

Hidratos de carbono: 9.35%

Graxa: 0.120%

Proteínas: 0.940%

Auga: 86.8%

1) FRESCA: Convén consumila cun pouco de cortiza branca( mesocarpo) e non refugándoa sempre que non estea moi dura.

2) ZUME: O ideal é tomalo recentemente espremido, pois a vit C perde sun actividade co paso do tempo e a acción da luz.

3) CURA DE LARANXAS: Débese seguir durante un ou dous dias por semana durante 3 ou 4 semanas. Consiste en comer só laranxas durante todo o dia e como única bebida o seu zume recentemente feito. Poden tomarse entre 10 e 12 laranxas diarias e de 2 a 4 vasos de zume. Se as laranxas son moi acedas pódese engadir ao zume unha ou dúas culleriñas de mel por vaso.

 

 

proxecto fiare galiza