Inicio da cooperativa: ponencia do ano 2001

INICIO DA COOPERATIVA

A Cooperativa Arbore realiza a súa Asemblea Constituínte en xuño do 2001 cuns 60 núcleos familiares (cada un ten a unha persoa socia como titular), e dende ese momento comenza a facer pedidos a distribuidores de productos de alimentación e de fogar, ao principio só de productos frescos aos productores D´aiquí e pouco a pouco foi incorporando outro tipo de productos envasados e a granel.
 
As persoas que constituimos a Cooperativa eramos na grande maioría consumidor@s xa de productos ecolóxicos que decidimos xuntarnos para  ter unha tenda propia onde poder mercar estes productos a un mellor prezo, que puidera estar xestionada por nós mesm@s, puidendo abastecela dos productos que  quixeramos, e en definitiva, ter un sentimento de propiedade en grupo que facilitara darlle o rumbo que o grupo considerase máis apropiado, asumindo tamén as  responsabilidades económicas e de xestión. O nome que se lle puxo á Cooperativa é “Consumo Consciente Arbore, Sociedade Coop. Galega”, para mostrar o noso interese non só polo producto ecolóxico, senón por realizar un consumo responsable, sendo conscientes  das consecuencias que implican o noso consumo, cuns criterios fundamentais consensuados na Asemblea Xeral.

CRITERIOS

E por isto que unha das esixencias cos productos de alimentación é que sexan de producción ecolóxica. Aínda así non sempre atopamos todos os productos que desexamos cunha certificación oficial de producción ecolóxica. Cos productos frescos (froitas e verduras), nos casos de que exista un coñecemento directo por parte dalgunha das persoas socias pódese considerar como un abal suficiente de producción ecolóxica. Aínda así, tense programado facer visitas organizadas d@s soci@s da Cooperativa aos lugares de producción destes productos. Noutros casos, o producto non ecolóxico aparece na nosa tenda atendendo a outros criterios, como son o de Comercio Xusto, productos de hixiene e de limpeza que sexan limpos co medio ambiente e desprovistos de sufrimento dos animais ou producidos por outras Cooperativas ou empresas alternativas (criterios éticos).

Outro dos nosos intereses é o de realizar compras de productos a granel (con aval ecolóxico) en sacos de 3, 5, 10 ou 25 kg, o que fai disminuir grandemente o prezo do producto, así como permite reutilizar as bolsas por quen queira facelo. Temos a granel cereais, legumes, sementes, fariñas, algas, plantas medicinais, froitos secos, froitas e verduras e todo do que podemos dispoñer desta forma.

REXIME ECONÓMICO E ORGANIZACIÓN INTERNA

Como toda Cooperativa dispomos dun capital social aportado por tod@s @s soci@s (60 E por unidade familiar) utilizado para a merca de bens da Cooperativa e para garantir a estabilidade da mesma cara a algún gasto imprevisto. Reservamos tamén un mínimo deste capital social (o 15%) para os casos de baixa de soci@s pois estas aportacións son recuperables no momento de darse de baixa. O pago desta aportación ao capital social é indispensable para ser considerad@ soci@, e pode realizarse en catro mensualidades de 15 E cada unha.  Por outro lado está o pago da cuota mensual que é de 3 E (estes cartos non son recuperables), o cal permite adquirir os productos da cooperativa cun 15% de desconto sobre o prezo de venda ao público. O desconto do producto irá en función do desenrolo da cooperativa. Sendo un dos obxectivos a adquisición de productos ecolóxicos, naturais e de comercio xusto a prezos máis asequibles para o conxunto da poboación, o prezo a soci@ irase reducindo  a medida que aumenten as vendas e número de soci@s .

No que concerne á organización interna realízase unha Asemblea Xeral Ordinaria ao ano á que poden asistir tod@s @s soci@s e na que se fai repaso da marcha da Cooperativa no ano anterior e se marcan rumbos a seguir durante o ano seguinte. Tamén se escolle aos compoñentes do Consello Rector e @ interventor/a (persoa que revisa as contas feitas da Cooperativa antes da Asemblea Xeral ou en calquera momento que se requira). Tamén pódese convocar Asemblea Xeral Extraordinaria para tratar temas concretos cando se estime oportuno.

O Consello Rector é o grupo de xente responsable da xestión da Cooperativa, que se reúne o primeiro sábado de cada mes. Ao cabo de 12 días ten unha segunda reunión avaliativa, onde se repasan os acordos tomados e o grado do seu cumplimento. Dentro do Consello Rector cada persoa ten un cargo ou adícase a realizar unha tarefa concreta, do que dará despois conta na reunión mensual. As tarefas que realizamos son: xestión do listado de soci@s , altas e baixas, representación da Cooperativa a nivel público, xestión das contas, reformas e limpeza do local, xestión da compra e venda dos productos e toma de decisións nos temas que vaian xurdindo. Hai tamén persoas que non sendo do Consello Rector teñen designadas tarefas concretas, como as encargadas da publicidade.

Esta forma de organización do traballo é o resultado do que nos marcamos xunto co que deron as nosas posibilidades. Así, o que en principio eran comisións de traballo en grupo (dúas persoas como mínimo) pasaron a ser cargos unipersoais xestionados directamente polo Consello Rector, debido en parte á dificultade de xuntarse para realizar reunións. Aínda así a posibilidade de formar comisións para traballar sobre temas concretos sempre está aberta.

As actas das Asembleas Xerais e das reunións do Consello Rector quedan arquivadas ao alcance d@s soci@s. Calquera soci@ pode asistir ás reunións do Consello Rector e participar na xestión no grado que queira ou poida asumindo tarefas a facer. Unha innovación recente é a convocatoria no segundo sábado de cada mes para repartir tarefas concretas a soci@s que queiran aportar unha colaboración esporádica. Esta experiencia aínda está en proceso de proba.

Como medios de comunicación temos o calendario de actividades, exposto nunha das paredes da tenda, o libro de suxerencias e comunicacións (que serve para facer calquera comunicación, comentario ou pregunta ao resto de soci@s, e que se lee nas reunións do Consello Rector) e a carta periódica anunciando todas as novidades, tanto de organización e marcha da Cooperativa como dos productos á venda. Polo de agora esta carta non ten unha perioricidade fixa, polo que se edita cando o Consello Rector considera oportuno.

TRABALLO DE COMPRA-VENDAS

E como designamos ás persoas que se encargan da atención ao público e a compra e venda de productos.

Política de compras: a parte de facer pedidos dos productos de alimentación que teñen máis saída mércanse os que a xente pide, sempre que se poidan conseguir. Trátanse especialmente desta forma os de cosmética e hixiene persoal, complementos nutritivos e medicina natural, nos cales a Cooperativa non se quixo especializar por non ser productos básicos de alimentación (e polo tanto indispensables),e ser productos xeralmente bastante caros e de pouca venda, polo que a cooperativa arriscaría muito tendo un grande suministro deles. Por isto nestes casos o producto desexado podo tardar en chegar máis do esperado, o que se compensa cunha maior estabilidade económica da Cooperativa. O mesmo sucede cos pans de Pandarán e Rairiz (integral e ecolóxico) e  o leite, que na grande maioría son por encargo. Por outro lado, as persoas de compra-vendas poden pedir novos productos que poidan ter saída traballando cun risco o máis pequeno posible.

Pouco a pouco aumenta a variedade de productos sobre todo envasados, pois @s consumidor@s aspiran a poder mercar na tenda todo o que precisan para o seu fogar. Sen embargo unha das cousas que máis caracterizan á Cooperativa son as froitas e verduras. Nestes intres existe un pequeno desaxuste no suministro destes productos ao longo da semana, pois a maior parte chega únicamente o mércores de productores D´aiquí ( a Límia) concentrándose neste día o maior número de vendas. Mais recentemente incorporamos os luns productos de Hortalizas Pexegueiro (Tui) e os martes da Pousa (Gondomar). É o final de semana o que está nestes intres máis pobre de productos frescos, polo que estamos tentando ocupalo con novos suministradores.

Destacan tamén na oferta os productos de limpeza do fogar biodegradables, e especialmente o limpiador multiusos que o obtemos tamén a granel.

E ALGO DE RECICLAXE

Por outro lado tentamos fomentar tamén a reciclaxe con outro tipo de prácticas:     *reutilizando as bolsas da compra que @s soci@s levan á tenda, evitando de algún modo que se produzcan tantos plásticos e dándolle máis uso aos que xa hai antes de que vaian a parar inevitablemente ao medio ambiente.
*facendo xabrón, que resulta excelente para a louza e a roupa, con aceite usado da cociña. Desta forma evítase que se tire polo vertedoiro e se lle da outro uso, ao igual que as bolsas, antes de que vaia a parar ao medio, nunha forma menos contaminante.
    *recollendo os botes de mel de D´aiquí para que eles os reutilicen unha vez lavados e esterilizados.

En resume, tentamos facer do consumo un acto consciente introducindo os valores de respeito ao ecosistema, ás persoas, aos animais e a nós mesm@s como persoas.

 

proxecto fiare galiza