[Foto orixinal de Matt Reinbold, https://www.flickr.com/photos/furryscalyman/. Creative Commons Licensed]
Dende xa fai anos distintas fontes científicas veñen poñendo énfase sobre as consecuencias da contaminación por disruptores hormonais ou endocrinos. Estos disruptores hormonais inclúen distintos compostos, algúns exemplos:
- Aditivos utilizados na fabricación de determinados plásticos, algúns de uso alimentario, ou mesmo en xoguetes.
- Pesticidas.
- Retardantes do lume en productos de electrónica.
- Compostos utilizados en deterxentes, e que tamén afectan á fabricación de textiles.
Na nosa cooperativa seleccionamos con coidado os produtos cos que traballamos:
- Os envases utilizados para os graneis non conteñen Bisfenol A.
- O film alimentario que utilizamos e se vende na cooperativa non ten Bisfenol A nin Ftalatos.
- Utilizamos impresoras de tickets de venda con tinta, porque existe a sospeita de que as impresoras térmicas poderían conter alteradores hormonais.
- Atopamos tamén rollos de etiquetas para as básculas libres de Bisfenol A.
- Tamén as gomas elásticas que usamos son libres de Bisfenol A.
Sempre que temos a oportunidade seguimos a buscar as mellores alternativas das posibles para todo os materias que utilizamos, ademais da vantaxe que supón a alimentación ecolóxica, nos que non se usan toda unha panoplia de sustancias sospeitosas de ser disruptores hormonais, e outros tipos de tóxicos.
Con isto e con todo, a pesar da importancia de eliminar da inxesta estas substancias, existe con toda probabilidade unha contaminación ambiental que nos afecta e que soamente pode ser reducida co compromiso de todas e mediante o cambio de paradigmas. Por esta razón as campañas como as que presentamos agora non soamente van dirixidas a informar as persoas nos seus hábitos persoais, senón tamén para movilizar e conseguir masas críticas que esixan cambios necesarios.
Podedes atopar máis información na páxina da campaña de Ecoloxistas en Acción, onde podedes atopar abundante información e referencias.
Se preferides ver un video sobre o tema, podedes ver o video "La Letra Pequeña" ofrecido pola Fundación Vivo Sano.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
triptico_toxicos.pdf | 1.12 MB |
cuaderno-23_alteradores_hormonales.pdf | 533.31 KB |