-
Martes 24 de marzo: Presentación das Xornadas. Lugar: Casa da Xuventude, rúa Celso Emilio Ferreiro 27, ás 11:30 horas.
-
Mércores 25 de marzo: Como facer a miña vivenda e pasar da crise? Obradoiro de Bioconstrución/Autoconstrución:
O obradoiro pretende dar a coñecer unha forma de traballar para
construír a nosa propia casa utilizando, ademais, criterios
respectuosos co medio ambiente e tratando de aproveitar os recursos
naturais ao máximo. Participan: Pilar Penin, Eloi Dávila, Lhosca Arias e Analía Moares. Lugar: Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9 (Zona Universitaria), ás 20:00 horas. -
Xoves 26 de marzo: Comedores escolares saudables e ecolóxicos.
Alimentarse con produtos ecolóxicos e de comercio xusto é posible nos
comedores colectivos dos colexios de Ourense, ven a coñecer como!! Participan: Representantes da ANPA's, Representantes de Centros de Ensino de Ourense e a asociación “O Grelo Verde” Lugar: C.E.I.P. Filomena Dato (A Valenzá), Salón de Actos, ás 20:00 horas
-
Venres 27 de marzo: Asemblea Rede de Consumo Consciente.
A Rede Galega de Consumo Responsábel asocia a cooperativas e
asociacións que traballan pola agricultura ecolóxica e o comercio
xusto. Pretende organizar e sensibilizar á sociedade galega sobre a
importancia dun consumo responsable, promover relacións comerciais
xustas entre produtoras e consumidoras, a participación directa,
democrática, colectiva e responsábel das persoas no consumo, o
desenvolvemento rural e local, o aforro enerxético e o respecto á
natureza nos procesos de produción e consumo. Participan: Colectivos da
rede galega de Consumo Consciente. Lugar: Local Social de Amarante e Verdegaia, rúa da Habana 64, ás 17:00 horas
Consumo responsable en tempos de crise. Debate.
Onde e como se producen os alimentos que consumimos? Somos conscientes
da responsabilidade individual ante a crise alimentaria global? Estas e
outras preguntas están na base das novas propostas de consumo
responsable, que serán analizadas nesta sesión. Reflexionaremos sobre o
poder transformador destas experiencias. Participan: Carme
Freire. Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego. Tom Kucharz. Area
de agroecoloxía e Soberanía alimentaria de Ecoloxistas en Acción. Lugar: Biblioteca Pública, rúa Concello 11, ás 20:00 horas
-
Sábado 28 de Marzo: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas.
Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades
tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas nosas
agricultoras locais. Participan: invitamos a participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: No Local social da AA. VV. O Polvorín (Barrio do Polvorín), de 11 a 14:00 horas
Agri – CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical e o Contacontos Carlos Blanco, colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Café Teatro Xesteira, rúa da Concordia, ás 22:00 horas. Prezo: 5€
-
Domingo 29 de Marzo: Como facer a miña horta ecolóxica?
Realizaremos unha excursión para coñecer as hortas ecolóxicas e a casa
de bioconstrución de Pilar, Eloi e Estreliña, agricultoras de Semente
no lugar de Reboreda (Porqueira). Cómpre levar comida para compartir
entre todas as persoas que fagamos a visita, e reservar praza a través
do emailou ben no telefono: 637748859 antes do venres 27 de marzo, Lugar: Reboreda (Porqueira), de 10:00 a 20:00 horas
-
Luns 30 de marzo: Plantas que curan na botica da aboa.
As herbas medicinais en Allariz, unha historia de recuperación e
empoderamento feminino. O que saben as mulleres e nos queren contar. Participan: Benita e Delia da AA VV de Nanín e Ana Pérez, do concello de Allariz. Lugar: Local Social de Amarante e Verdegaia, rúa da Habana 64, ás 20:00 horas
Tamén dentro das Xornadas de Agroecoloxía colabora o alumnado da Escola
de Arte Antonio Faílde que viran de preparar unha exposición
fotográfica sobre a temática da agroecoloxía e que se presentará no mes
de maio en diferentes salas de exposición da cidade de Ourense.
Colaboran nas Xornadas:
Anacos da Cidade, Anpa do Colexio Filomena Dato, Cine Clube Padre
Feijoo, Escola de Arte Antonio Failde e Facultade de Ciencias do Campus
de Ourense.
Para calquera consulta, podedes contactar con nós en