I Feira de sementes ecolóxicas da Fundación Galicia Verde

A Fundación Galicia Verde está preparando a que será a  I Feira de Sementes ecolóxicas que se celebrará o próximo día 10 de Abril (domingo) na súa sede en Leboso-Forcarei.

A finalidade da Feira é dar a coñecer as súas sementes e seu proxecto en xeral. Aparte da exposición de sementes, terán un posto de venda de conservas ecolóxicas, un xantar ecolóxico e ademáis postos de polbo, tortillas, refrescos e bebidas.

Paralelamente á parte central da Feira (as sementes), haberá unha actividade permanente de xogos populares a cargo da Asociación Galega do Xogo Tradicional e Popular, a máis da presentación de Os Plantabosques, proxecto de educación medioambiental do animador Anxo Moure que ten a finalidade de concienciar sobre a importancia das sementes e o seu coidado, actividades pensadas especialmente para nen@s.

Os postos da feira consistirán en carros do país prestados para a ocasión por veciñ@s da zona; precisamente nestes días, os carros están sendo recollidos e acondicionados polo Concello de Forcarei.

En definitiva, que pode ser un bo día para compartir entre tod@s aquelas persoas interesadas e comprometidas coa agricultura ecolóxica, a soberanía alimentaria e a ecoloxía en xeral.

A Feira abrirá sobre as 11:00 h., e aproveitarase o día enteiro ata a tardiña (esperando que o tempo acompañe).

+info: Mabel Rivera mriver@fundaciongaliciaverde.org

 

proxecto fiare galiza