Grelo natural - Amorodo

Ingredientes: Grelos de produción ecolóxica, auga e sal mariño.

Beneficios: Un estudo da Misión Biolóxica de Galicia, que está adscrita ó Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveu investigacións sobre os grelos onde se destaca a súa importancia na prevención de certos tipos de cancro. Entre os seus compoñentes destacan  antioxidantes naturais como as vitaminas A, C, E, K, clamonoides, acedos hidroxicinámicos, minerais esenciais e especialmente glucosinolatos. Concretamente estes últimos, son compostos que se degradan facilmente pola luz, encimas, calor, etc. Curiosamente, estes por se mesmos en estado intacto non son os que producen os efectos beneficiosos para a saúde, se non a súa degradación. É dicir, para aproveitar as súas propiedades teñen que sufrir un proceso enzimático e isto produce o sabor característico dos grelos.

 

proxecto fiare galiza