PRIMEIRO FORO SOCIAL GALEGO (FSGal)
*Pensar e construír alternativas desde Galiza
**5-7 de decembro · Santiago
*
DECÁLOGO: *_QUE É E COMO PARTICIPAR NO PROCESO DO FSGAL_** (documento
explicativo)
*
1-. *O FSGal non é unha nova entidade nin representa a sociedade civil
ningunha*. É un proceso, un espazo de intercambio, busca de propostas e
artellamento de loitas dos movementos sociais galegos en oposición ao
mundo gobernado polo capital financeiro, ao neoliberalismo. Ninguén ten
dereito nin representatividade para falar en nome do FSGal, pois este
non representa a ninguén nin podería respostar unitariamente a toda a
diversidade de movementos galegos. *O proceso do FSGal baséase na
horizontalidade, na transparencia e na diversidade*
2-. Por mandato da *Asemblea de Movementos Sociais do Día de
Mobilización e Acción Global do 26 de xaneiro* formouse un *Consello do
FSGal*. As organizacións e persoas a título individual que participan
voluntariamente nel tampouco representan a ninguén. *O Consello só se
encarga de facilitar os espazos para o FSGal e de xestionar o programa
de actividades que propoñan os movementos sociais*. Calquera
organización disposta a traballar polo desenvolvemento do FSGal e
asistir ás xuntanzas organizativas do mesmo pode solitar a súa entrada
no Consello. Contacto: comunicacion@
3-. No FSGal preténdense facer un conxunto de actividades, dende
debates, conferencias, mesas redondas ou calquera proposta dos
movementos participantes a actividades lúdicas e reivindicativas que,
amais de servir de intercambio entre movementos sociais sirvan tamén
para *axudar á visibilizació
sociedade galega*. O FSGal é pois un espazo aberto.
4-. O FSGal precisa, loxicamente, dun orzamento para se desenvolver. As
contas da organización serán transparentes e en todo intre de libre
acceso para os movementos sociais integrantes do foro. Para asegurar a
independencia con respecto a institucións e empresas *o FSGal pretende
autofinanciarse* por medio dos movementos que nel participan. Deste
xeito, estableceuse unha cota de apoio ao proceso que permite tamén a
acreditación para participar nel. *A dita cota é de 100 euros por
organización e de 10 euros por persoa a título individual*. *As cotas
son incluíntes e manifestan a decisión das organizacións de axudar ao
desenvolvemento deste espazo de intercambio; non son excluíntes, de
xeito que as organizacións ou persoas que non poidan axudar
económicamente poden facelo tamén con traballo, achega de ideas, etc.*
Ninguén debería sentirse excluído por non poder achegar as cotas e
depende da propia responsabilidade e independencia de cada entidade ou
movemento saber até onde pode chegar.
*As adhesións ao FSGal poden facerse en:*
http://forosocialga
</cp/ps/Mail/
5-. No FSGal tamén poderán participar voluntarias e voluntarios da
organización e a sociedade civil en xeral, que poderá *acceder de balde*
aos espazos libres.
6-. *Como proceso horizontal serán os movementos sociais adheridos ao
FSGal os que propoñan as actividades do mesmo.* O Consello encargarase
só de elaborar despois o programa, que para meirande facilidade
decidiuse enmarcar en catro eixes temáticos:
1. Modelo económico e límites do
crecemento
2. Soberanía e diversidade fronte a
uniformizació
3. Vida e Traballo
4. Defensa das Liberdades e dos
Dereitos Sociais
Para desenvolver estas actividades precisarase asímesmo un orzamento
para *satisfacer as necesidades técnicas, locais, etc. que precisen quen
os organice*. Deste xeito existe unha* cota de inscrición de actividades
de 100 euros que achegarán os movementos organizadores*
pagarase entre as organizacións que propoñan a actividade, pois para
impulsar o artellamento de alianzas e a non dispersión de actividades
cada proposta deberá facerse en asociación con outras tres
organizacións, salvo no caso de plataformas, redes, coordinadoras, etc.
xa formadas por varios colectivos. *A proposta e inscrición de
actividades pode facerse en:
http://forosocialga
</cp/ps/Mail/
até o 31 de outubro de 2008.
*
7-. *O Consello do FSGal irá fornecendo de información sobre os
mecanismos organizativos do FSGal en todo momento na web:
http://forosocialga
</cp/ps/Mail/
*
Dentro do consello definíronse tres comisións de traballo que en todo
intre renden contas ao Consello:
1. Comisión de Finanzas
2. Comisión de Contidos e Programa
3. Comisión de difusión e Comunicación
*Para comunicarse coa organización, resolver dúbidas, etc.* existen unha
serie de contactos electrónicos:
Comisión de finanzas (adhesións): finanzas@forosocial
Comisión de contidos e programa (proposta de actividades)
programacion@
Comisión de Difusión e Comunicación: comunicacion@
Voluntariado: voluntariado@
Cuestións xerais (xestión web): forosocialgalego@
8-. Material de difusión.* Para difundir o proceso creáronse unha serie
de primeiros materiais de difusión* (cartaces, trípticos, autocolantes)
así como banners para difusión electrónica, etc. Para recoller material
poden dirixirse aos enderezos anunciados na web
http://forosocialga
</cp/ps/Mail/
ou preguntar en comunicacion@
*Os materiais dixitais poden obterse en:
*http://forosocialga
</cp/ps/Mail/
9-. Na web do FSGal abreuse un espazo participativo, *O FORO DO FORO*
http://www.forosoci
</cp/ps/Mail/
para a libre opinión sobre o proceso, busca de alianzas, propostas,
etc.consello
10-. A participación no FSGal tamén poderá ser como voluntaria ou
voluntario. Na web do FSGal irá aparecendo información ao respecto.
Poder ir apuntándote en:
http://forosocialga
</cp/ps/Mail/