Obradoiros gratuítos en Xuño e Xullo na Rede Eusumo.
UGACOTA continúa coa Programación de Actividades Formativas 2016 no marco da Rede Eusumo.
Presentamos 8 cursos presenciais e gratuítos previstos para os meses de Xuño e Xullo, nas localidades de A Coruña, Sada, Ames, Vilagarcía de Arousa e Vigo, todos os cursos son en horario matinal, e teñen unha duración de 20 horas cada un, xa podes inscribirte neles. Estas son as accións e materias que se van a impartir :
- Contabilidade para o emprendemento cooperativo
- Por que non traballamos en equipo?
- Formación cooperativa para persoas que queren emprender
- Elabora o teu plan de empresa cooperativo
Consulta as datas, os programas, e inscríbete na web ugacota.coop.
Ademais, estes obradoiros están incluídos no Catálogo de Formación das actividades que puntúan nos baremos para obter o permiso de explotación marisqueira (cada acción puntúa 0,40).
Eusumo é un proxecto en rede, de intercooperación e colaboración entre distintos axentes, que lidera a Xunta de Galicia. Na Rede colaboran distintas entidades co obxeto de fomentar o cooperativismo e a economía social en Galicia.
Colabora: Consellería de Economía, Emprego e Industria (Xunta de Galicia)
UNIÓN DE COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO UGACOTA
Rúa do Hórreo, 104 baixo esquerda. Santiago de Compostela
Oficinas en A Coruña e Vigo.
Website: www.ugacota.coop
Facebook - Twitter