Folga Comercio Alimentación para a vindeira semana

Para esta vindeira semana, hai convocada unha folga no Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra por mor da negociación do novo Convenio Colectivo e a perda de dereitos para as persoas suxeitas a dito convenio, esta folga está convocada por CCOO, CIG e UGT.

No caso da nosa cooperativa, o convenio negociase coas traballadoras, e existe a vontade por parte do Consello Reitor de que como mínimo, non supoña unha perda de dereitos para as mesmas (rexíndonos mentres non se chegue a un acordo específico, polo convenio anterior).

En solidariedade coas 15000 persoas convocadas para a folga desta próxima semana, as traballadoras en activo da cooperativa decidiron pechar mañá, Luns día 25 de Marzo. Para o resto da semana, abriríamos:

  • Martes 26 de Marzo en horario normal de 10:30h-14:00h e de 17:30h-20:30h
  • Mércores 27 de Marzo en horario continuo de 10:30h-20:30h
  • Sábado 30 de Marzo en horario de 10:30h-14:30h

Podedes, e aconsellamos que chamedes ao 986233497 para consultar e confirmar horarios de apertura ou calquera aclaración a este respecto. Intentaremos avisar rapidamente a través do correo electrónico e a nosa páxina web de calquer variación neste horario.

Podedes atopar máis información sobre a folga en: CIG, CCOO, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra

Un saúdo agarimoso das traballadoras en activo [decimos en *activo porque hai unha persoa de baixa que non participou no debate e outra de vacacións que sí participou no debate pero non decidiu en último termo se abriríamos ou non].

 

proxecto fiare galiza