Boa tarde:
Aproveitando a experiencia que xa se está a facer noutros lugares do estado, do mesmo xeito que xa fixo e segue a facer en Italia Banca Popolare Ética, dende o encontro do ano pasado de Durango, Fiare pretende dar cada vez máis importancia ao desenvolvemento do noso proxecto de banca ética, e á difusión do mesmo, con ferramentas o mais pegadas ao territorio que sexa posible.
Así, ademais das Asociacións territoriais que xa existen (no caso galego, Fiare-Galiza, dende o 2010), en moitos lugares xa se están a organizar Grupos Locais de Fiare, no que persoas voluntarias se xuntan para apoiar o proxecto, buscar canles para a súa dinamización e difusión, ou para a propia formación das persoas e colectivos que son parte de Fiare.
Nesta liña, dende Compostela convocan para unha reunión a todas aquelas persoas que esteades interesadas en poder poñer en marcha o Grupo Local de Fiare en Compostela.
A reunión sería o vindeiro sábado día 16 de abril ás 12:00 horas no local de Panxea e O´Peto na rúa A Rosa, nº 36, baixo, e consistiría nunha primeira toma de contacto para coñercérmonos e ver o xeito de comezar a poñer en funcionamento o Grupo Local de Compostela.
Agardamos a vosa presenza,
Un saúdo,
Gonzalo Gesto (Secretario)
Xoán Monasterio (Vogal de relación cos/as socios/as)