III Festival Internacional de cortos ACTÚA

O Festival "ACTUA" nace e existe como ferramenta de cambio, é dicir, busca a súa expresión como palanca de movilización. Esta terceira edición do Festival ten como marco temático o CONSUMO RESPONSABLE. O Festival fixará a súa atención en difundir os sinais de alarma que nos advirten que o noso modelo de consumo é insostenible e perigoso. O cambio climático é xa unha realidade en moitos países. As reservas de auga potable cada ano redúcense máis. Os recursos esgótanse (madeira, petróleo, minerales). Millóns de persoas traballan nunhas condicións pésimas para que nós poidamos comprar todo o que nos fan crer que necesitamos. E ser un turista responsable é un reto especial xa que nos movemos nun contexto non habitual para nós. Fomentar unha sociedade máis xusta e sostenible é agora máis urxente que nunca, e o cine é unha marabillosa ferramenta para facelo.

http://www.plus.es/esp/IO/Video-galeria4/_esp_//index.html

 

proxecto fiare galiza