Faladoiro: Folga Feminista 8M e Manifestación 4M

[Información enviada por "As da Industria"]


O mércores ás 18:30 no instituto politécnico recibiremos a compañeiras de Galegas8M, rede da que forma As da Industria, e do Sindicato de Estudantes para falar nunha reunión aberta sobre os motivos da folga feminista do 8M e os detalles das convocatorias dos próximos días.

Ademais de charlar sobre a necesidade desta protesta feminista internacional, veremos como se encadra a resposta desde Vigo e nomeadamente desde o noso barrio. Entenderemos os detalles da folga no traballo, a folga de coidados, a folga no ensino e a folga de consumo. Paramos todo!

Exporemos o resto de actos en Vigo como a manifestación unitaria do 4 de Marzo, e detallaremos como As da Industria participará nos mesmos.

Pero por suposto, e o máis importante de todo, estaremos abertas a todas as vosas preguntas para aclarar o que sexa preciso.

Esta convocatoria é aberta a todas as persoas do barrio. Chamamos ás veciños a asistir a esta reunión e logo participar activamente no paro do día 8 como protagonistas desta reivindicación. Chamamos aos veciños a asistir a esta reunión para entender o seu papel o día da folga, e como poden apoiar este movemento. Chamamos ás nenas e nenos a vir como sempre facemos en tódolos actos de As da Industria, nunca se é demasiado novo para comezar a entender as desigualdades contra as que temos que loitar para preparar un futuro mellor.

 

proxecto fiare galiza