Este mes aprendemos a fermentar vexetais

Moi bo día a todas,

Que tal estades?
Este mes adicarémolo a fermentar verduras, cuns obradoiros que temos que confesar sonche dos nosos favoritos. Por qué?...Pois por dous motivos principais:

-O bo funcionamento dos nosos sistemas dixestivos e o equilibrio da nosa microbiota (que non está só no intestino, coma veremos no obradoiro) son alicerce para o benestar e saúde.
-Os fermentos vexetais son un método de conservación ideal para de excedentes, porque  non precisan de fontes de enerxía externas (dobremente sostibles). Por riba,  potencian o sabor (a miúdo o melloran) das verduras, engaden nutrintes e están cheos de microorganismos beneficiosos (=probióticos caseiros!)

Poderedes facer a reserva de praza dende aquí. Deixámosvos o cartel con máis info


Nas próximas semanas iremos  enviando novos correo que abrirán os novos prazos de inscricións aos vindeiros obradorios:

DECEMBRO

> Especial Nadal Vexetal (3 días): pratos principais, entrantes e acompañamentos vextais e  bebidas dixestivas e doces . Coma sempre 100% vexetal e sen glute...pero o mellor de todo é que son ideas que serven para o día a día tamén (moitas pódense organizar con antelación).
>Cociña en familia: faremos tamén dous obradoiros (un en decembro e outro en xaneiro) para cativos (acompañados dun adulto). Pan de sarraceno e froitas secas (con certo toque Panetone...) e bolachas saudables para agasallar.

XANEIRO

>Sopas de tempada: logo das festas volta a cociña práctica de tempada onde cociñaredes vós.   Caldiños e sopas 
 con algas,
mailos complementos para convertilos nun menú completo, serán os protagonistas.
>Barriñas (2ª parte): pensado para os que estades aburridos das barriñas doces...Tres sabores sorprendentes: limón-espirulina, curry e barbacoa. Tan boas coma nutritivas.

Agardamos que vos gusten as propostas, que xorden das suxerencias que nos enviastes (grazas!)...próximamente abriremos os prazos de inscrición.


Para rematar
lembrarvos que estamos á vosa disposición para dúbidas sobre os contidos, propostas e comentarios en consultascocinha@arbore. org.

 

proxecto fiare galiza