Enquisa sobre produción local de Amigos da Terra (a nivel europeo)

[Información enviada por Amigos da Terra]

 

Que é o que quere comer a xente? Temos a resposta!

A cidadanía reclama unha maior calidade nos alimentos e unha produción local e sostible
O 91% pensa que o goberno debe apoiar máis a alimentación local

Amigos da Terra lanza os resultados dunha enquisa, "De agricultor a consumidor", na que dá a coñecer que pensa a cidadanía sobre a alimentación local e cales son os seus hábitos de consumo. Adoita a poboación comprar alimentos de produción local?, hai suficiente información para conseguilos? Estas e outras preguntas son respondidas por unha mostra de 8.362 persoas, entre 16 e 54 anos, en España, Alemaña, Reino Unido, Francia, Polonia, Hungría, República Checa e Bulgaria.

A enquisa encargada a TNSOpiniony, cunha mostra representativa da poboación rural e urbana, á que responderon 1.026 persoas en España, sinala que máis dun 90% da cidadanía española está convencida de que comprar alimentos locais fomenta a creación de emprego local. Fomentar a compra de produtos locais e potenciar as canles curtas de distribución, son ferramentas indispensables para impulsar a economía local, cada vez máis afogada polas grandes empresas que monopolizan o mercado, a distribución e o comercio.

O 85% da poboación entrevistada nos 8 países, compra os seus alimentos na tenda máis próxima, e o 67% asegura que non hai suficiente oferta de alimentación local. Se a cidadanía quere comer san, saudable, ecolóxico, sen xerar un impacto negativo no medio, os responsables políticos deben facilitar e potenciar unha oferta local e accesible que responda aos intereses cidadáns.

As políticas actuais e o apoio que recibe o modelo agroindustrial 

traduciuse na perda de miles de pequenas explotacións agrarias. A enquisa demostra que a demanda de alimentos de produción local e sostible é alta, sendo clara a petición da cidadanía: un 91% reclama aos responsables políticos unha proposta que garanta a implementación dunha produción local e sostible no marco da Política Agraria Común (PAC).

Hoxe por hoxe, o diñeiro dos contribuíntes dedícase a subvencionar a produción a grande escala. Sandra Espeja, responsable da área de agricultura e alimentación de Amigos da Terra declara: "queremos ver que el dinero público se utiliza para apoyar a pequeños productores y empresas de alimentación local, con el fin de que las comunidades dispongan de alimentos frescos, de temporada y procedentes de una producción sostenible".

Amigos da Terra está a informar sobre esta situación á cidadanía e trasladando as propostas aos responsables políticos de cada territorio en diferentes xornadas organizadas en Aragón, Eivissa, Mallorca, La Rioja, Madrid e por suposto tamén en Galicia. A que se desenvolverá aquí, baixo o título "loitas ambientais, alternativas rurais" terá lugar no noso centro de educación ambiental As Corcerizas o vindeiro 28 de marzo.

AdxuntoTamaño
foe_local_food_esp_final_web.pdf239.71 KB

 

proxecto fiare galiza