Na Galiza

consumo consciente

  • A Xoaninha:
  • É unha cooperativa de consumo consciente na cidade de Ferrol.

    +info: http://www.cooperativaxoaninha.org/

  • Semente:

    É unha asociación de consumo responsable na cidade de Ourense.

    +info: http://www.semente.info/

  • Eirado:
  • É unha cooperativa de consumo resonsable na cidade de Compostela.

    +info: http://eirado.org/

  • A cova da terra:
  • É unha asociación de Lugo que traballa desde 1995 no eido do comercio xusto, tanto no consumo coma na sensibilización. Dende fai un tempo está a introducir o consumo agroecolóxico e local dentro da súa oferta como reforzo a coherencia desta asociación pioneira.

    +info: http://www.covadaterra.org/

     

    ONG's

  • Amarante:
  • É unha organización galega de cooperación para o ecodesenvolvemento. Xorde como unha ONGD para a transformación, situándose dentro do debate actual na corrente que aposta por ser un freo ós abusos do poder político e as desigualdades xeradas dende o poder económico. Para elo, pensan que é fundamental recupera-lo papel autónomo dos movementos sociais na transformación política e a participación da sociedade civil nos asuntos públicos. A súa misión é combater as causas estructurais da pobreza e favorecer a autoorganización e empoderamento das comunidades e colectivos sociais máis empobrecidos dos países do Sur, á vez de crear unha sociedade civil máis critica e solidaria que permita construír un modelo galego de cooperación.

    +info: http://www.amaranteong.org

  • Verdegaia:
  • É unha asociación ecopacifista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente. O seu obxetivo é contribuír dende Galiza na defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global.

    +info: http://www.verdegaia.org/

  • Amigos da Terra:
  • É unha organización ecoloxista que plantexa unha actitude de defensa do medio ambiente, realista e construtiva, que apoia aquelas iniciativas que van xurdindo e axuda a mellorar o noso contorno dende a práctica e a acción. Ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respetuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

    +info: http://www.amigosdaterra.net