Encontro de "O rural quere xente" / 6-9 Xullo, Carrizáns, A Lama

[Información do blog www.oruralquerexente.net]


Nesta VIII edición dos encontros O Rural Quere Xente estréase un novo espazo para o recoñecemento e difusión de iniciativas e proxectos. Trátase dunha praza central en torno á cal se distribuirán os espazos do encontro e na que se poderán presentar distintas propostas cada día na hora anterior ao xantar. Esta praza conformarase como un conxunto circular de puntos de información e un pedestal central dende o cal se poderá ir presentando ao resto de participantes cada iniciativa. O transporte e colocación do posto ou punto e material de información no formato que se estime oportuno correrá a cargo de cada iniciativa que se queira presentar.

 

Cómpre aclarar que esta praza non é un espazo para a venta de produtos, senón para a información e a visibilización.

 

Para poñer un posto na praza, é necesario escribir con anticipación a xornadasrurais@inventati.org e achegar información básica do que se quere presentar e en cal ou cales dos catro días da xornadas se prefire facelo.

AdxuntoTamaño
viii_encontro.pdf48.02 KB
programacion_viii_encontro_o_rural_quere_xente.pdf81.43 KB

 

proxecto fiare galiza