Ekotupper de Cosmética Natural con EcoEko. Vindeiro xoves 8 ás 16:30h

Logo Árbore

O vindeiro xoves, ás 16:30h no almacén de Árbore teremos como invitadas a dúas persoas de EcoEko, un proxecto de cosmética natural moi interesante que  subministra dende fai algún tempo á cooperativa. Podedes atopar máis información sobre elas en: http://www.ecoeko.es/web/

O taller, que elas denomina EkoTupper consistirá en que traiades convosco produtos de cosmética que usedes habitualmente (de cosmetica bio ou non) para que coa súa axuda podamos entender a súa composición e aprender a distinguir ingredientes potencialmente perigosos, e ao mesmo tempo saber discernir as mellores opcións. O taller é de balde.

Decidimos facer o taller na tenda porque entendimos que podía resultar máis sinxelo a pesar do limitado do espazo e das xa coñecidas dificultades de aparcamento preto do local, esperamos non ternos equivocado :)

Se estades interesadas, agradeceríamos que confirmarades asistencia (info@arbore.org ou 986233497), porque en caso de ter moitas persoas interesadas, poderíamos mesmo organizar outro o sábado pola mañá (xa nos deron a opción).

Gracias pola vosa atención e animádevos!

 

proxecto fiare galiza