#economíasREAiS, directorio de Economía Social e Solidaria

As entidades socias de REAS Galicia puxemos en marcha unha campaña de crowdfunding co obxectivo de crear un directorio da ESS en Galicia.

A campaña está na plataforma Goteo.org (https://www.goteo.org/project/economias-reais) e, de conseguir o capital necesario, concretarase nun libro para recompensar ás persoas que colaboren coa iniciativa e nun sitio web no que se actualizará a listaxe de entidades que xa traballan en dar pulo á Economía Social e Solidaria en Galicia.

Esperamos que este proxecto permita impulsar a creación dun mercado social galego e serva de punto de encontro de persoas e entidades.

A campaña está organizada en dúas quendas de 40 días cada unha. Durante os primeiros 40 días tentarase conseguir o capital mínimo necesario; nos segundos, agardamos conseguir o capital óptimo para desenvolver o proxecto.

​Apoia a campaña e consegue o teu exemplar do directorio!

​REAS Galicia​

secretariareasgz@gmail.com

http://www.economiasolidaria.org/

 

 

proxecto fiare galiza