Dossier informativo da cooperativa Árbore: marzo 2004

PRESENTACIÓN

Este dossier pretende achegar ás persoas soci@s e simpatizantes de Arbore unha información clara da dirección que, asemblea a asemblea, foi tomando a cooperativa, de cales son as súas razóns, fins e medios.
Ademáis de ser unha guía para soci@s é unha ferramenta publicitaria para dar a aquelas outras persoas que coñezas e teñan interese nesta realidade en construcción. Neste dossier faremos un repaso xeral á tenda, pero tede en conta que quen queira poñer un gran de area pode facelo e quen queira poñer unha morea tamén. Aínda que poida ser un pouco longo, a súa lectura vaiche aclarar muitas dúbidas e vainos ser moi útil.

A Asociación A.R.BO.R.E. renace en agosto do 2000, froito da unión dunha veintena de persoas que andaban á procura dun lugar onde poder recibir productos biolóxicos frescos e envasados, así como de comercio xusto. Logo dun par de meses de busca, ábrese en setembro un centro distribuidor para socias e socios na rúa Arquitecto Pérez Bellas, lugar que, aínda non sendo o mellor por localización, foi o máis axeitado ó momento. Pasados uns meses de asentamento, coa chegada do novo milenio, dase un relanzamento social e económico, experimentando un medre en soci@s e mercado espectacular, chegando a fins de abril a 57 persoas (familias en sentido amplio) e medrando nun 62% o volume de mercadorías movidas. Adóptase entón, nunha asemblea xeral extraordinaria, a decisión unánime de constituirse en cooperativa e iniciar os trámites no momento no que se chegue ó capital social mínimo (500.000 Ptas). Isto supón un avance na profesionalización dos servicios e un aumento considerable das compras para abastecer a tenda.

As soci@s promotor@s de Arbore, realizamos a Asemblea Constituínte da Cooperativa en xuño do 2001 cuns 60 núcleos familiares (cada un ten a unha persoa socia como titular). En Xaneiro de 2002 constabamos legalmente constituidos no correspondente Rexistro.  Dende enton a Cooperativa medrou de xeito continuo superando a finais do 2003 as 220 unidades de consumo.
O nome que acordarmos para a cooperativa, “Consumo Consciente Arbore, Sociedade Cooperativa Galega”, tenta mostrar o noso interese e implicación, non só polo producto ecolóxico, senón por realizar un consumo responsable e consciente das consecuencias que éste implica no noso entorno, nos demais seres deste planeta e polo tanto en nós mesm@s. Establécense, por tanto e para tal fin, uns criterios  éticos fundamentais consensuados na Asemblea Xeral.
“Arbore”, calquera que sexa a súa forma xurídica, é un proxecto de futuro e unha realidade de presente moi nova, que baixo os condicionantes de respecto ás persoas, ós animais non-humanos e ó medio natural, baséase na ilusión razonada e alegre dunhas persoas que queren que o noso entorno social, afectivo e natural mellore.
Na man de todas e todos está pasar esa ilusión duns a outr@s.

¿QUÉ É UNHA COOPERATIVA DE CONSUMIDOR@S?

A Coop. de Consumidor@s é unha sociedade de persoas que ten o fin de realizar actividades empresariais que teñan por obxeto o suministro de bens ou servicios para @s sú@s soci@s e o seu entorno. A través da cooperativa, @s consumidor@s e usuari@s satisfacen as súas necesidades procurando mellores condicións de calidade e prezo e con transparencia informativa e económica da xestión.
A cooperativa de consumidor@s responde a iniciativas colectivas e a súa  propiedade e control é d@s consumidor@s soci@s.

OS PRODUCTOS ECOLÓXICOS

A razón que nos levou a escoller productos de orixe ecolóxica para o noso consumo é a situación que se vive actualmente dentro do mundo agrícola, así como o alto valor nutritivo destes alimentos con relación ós de producción convencional.
A nova politica agraria fomenta o monocultivo na busca únicamente da maior producción no menor espacio e tempo posible, fomentando a exportación e o desenrolo das grandes empresas. Isto fai que cada vez se destinen máis terreos de monte a este tipo de cultivos, producindo unha alarmante desforestación e un empobrecemento dos terreos. O actual método de cultivo está inmerso nunha cadea que lle leva á utilización cada vez de maior cantidade de químicos, herbicidas e funxicidas que envenenan a terra e ó producto que finalmente comemos, limitando cada vez máis a capacidade productiva desta. Esta dinámica que leva inevitablemente á destrucción das terras de cultivo é a que forzou a búsqueda de métodos alternativos menos dañinos, entre os que se atopa a agricultura ecolóxica, a  biodinámica, etc. En moitos paises europeos esta necesidade está moi asumida, polo que están adicando cada vez máis extensión ó cultivo ecolóxico, facilitando así a posibilidade de deixar para as xeracións futuras terras de cultivo productivas e sans.

A definición de producto ecolóxico moitas veces non está moi clara. Básicamente trátase de productos que están cultivados sen a utilización de plagicidas químicos (que danan ós animais que viven no entorno, as augas, á propia planta e a saúde e peto d@ agricultor/a e d@ consumidor/a), utilizando outros métodos de defenda contra as plagas máis naturais e integrados no medio no que se realice o cultivo.
Isto repercute nunha mellor saúde e calidade de vida d@ consumidor/a, que non está aportando productos nocivos ó seu organismo, consumindo productos con maior aporte nutritivo, xa que o tratamento menos agresivo da planta permítelle enriquecerse máis. Por outro lado, o tratamento da terra e o método de cultivo, permite unha explotación da mesma máis integrada no medio, respeitando a vida existente ó seu redor, tanto animal como vexetal, e polo tanto sostible nun futuro.
Aínda así, o interese real por parte das autoridades cara este tipo de agricultura respetuosa co medio ambiente aínda está por ver. Anualmente no estado español destínanse ó desenrolo da agricultura convencional (en mans das grandes empresas que controlan todo o mercado) prácticamente todo o presuposto destinado á agricultura, deixando sen nengún apoio institucional a agricultura ecolóxica. Unha das consecuencias de todo isto é os prezos alarmantemente baixos dos productos convencionais contra os altos prezos ós que se poden adquirir hoxe os productos ecoloxicos. O noso método máis inmediato e eficaz de presión neste tema é mediante a demanda destes productos, para que a producción ecolóxica pase a ser xeralizada.
E por iso, que a principal función da tenda é a consecución destes productos de cultivo biolóxico tanto en fresco como envasados e manufacturados.
Os productos frescos, tanto froita como verduras e hortalizas, proveñen, fundamentalmente, e polo de agora, dos seguintes proveedores:

1. Hortalizas Pexegueiro (Tui) ; chega os martes.
2. Productores de D´aiquí, de Rairiz da Veiga (a Límia, Ourense); veñen os mércores e ademais de hortalizas, traen froita e fariña integral bio.
3. Juan de Verin. Ven os venres.

Productos lácteos de:

1. Loureiro, procedentes de Carballiño, Ourense (leite, queixo e iogures  de vaca).
2. Arqueixal, procedentes de Palas de Rei, Lugo ( queixo e iogures de vaca).
3. Cantero de Letur, procedentes de Albacete (queixos e iogures de cabra).

Os graneis son, na alimentación biolóxica, a clave. O consumo conxunto de tantas persoas asociadas nos permite mercar as legumes, cereais e froitos secos en sacos de 3,5, 10 ou 25 kg. Isto permite baixar moito os prezos sen obrigar ós soci@s e clientes a mercar máis do que necesitan. Estes sacos traen igualmente o seu aval biolóxico e a súa calidade non baixa por ese motivo. Ademáis na tenda, coidamos do seu mantemento, gardándoos en botes de cristal cubertos con papel opaco ou ben en sacos ou caixas precintadas para evitar o seu deterioro así como a perda das propiedades nutritivas. Mercando a granel conseguimos que os prezos baixen e se acheguen ós productos de cultivo convencional (=con química). Cantos mais sexamos mellores serán os prezos.

E qué dicir das algas. As algas son un dos mellores alimentos ós que podemos acceder. A súa riqueza en minerais, así como tamén en proteínas, carbohidratos, vitaminas e fibra as fan moi recomendables. Só mercando a granel, como se fai en Arbore, poderás disponer de algas a bo prezo.
E de sinalar tamén a existencia de viños biolóxicos, sidra e unha ampla gama de zumes e refrescos.
Os productos elaborados e envasados están tamén a túa disposición na tenda. Pedímosche que cando non atopes algún que mercas habitualmente ou que che gustaría probar o comuniques ás persoas de compra-vendas para que elas traten de buscalo e, deste xeito, fagas a merca na túa Cooperativa, contribuíndo un pouco máis a súa consolidación e progreso.

O COMERCIO XUSTO E ECONOMÍA SOCIAL

A razón para ter na tenda productos de comercio Xusto é a sensibilidade mostrada por un grande número de socias e socios por mercar productos de xeito que contribúan, coa compra, ó medre e progreso doutras colectividades e persoas. Neste senso, é clara a decisión colectiva de potenciar a outros grupos de persoas que teñan fins similares; o fomento, sempre que sexa posible e casando isto coa demanda, de productos de cooperativas e outras formas de economía social e/ou autoxestionaria, así como de ter productos de América e Africa con aval de ter sido producido baixo certos requisitos morais e ambientais.

Pero quede claro, que o Comercio Xusto non só é para con outras latitudes, senón que aquí ou acolá, no noso entorno mais ou menos achegado, existen outras  empresas e proxectos do entorno da Economía Social e do Movemento Social de Autoxestión cunha base de criterios teóricos, obxectivos e funcionamento que fan cos incluiamos consecuentemente no conxunto de proxectos denominados de  Comercio Xusto e ós que Arbore apoia e os cales apoian e axudan a consolidar e dar coherenciaa a Arbore. Facemos noso o dito “que uns proxectos alimenten a outros”
Os productos de América e Africa de Comercio Xusto dos que dispoñemos na tenda, son fundamentalmente: cacao, café, sucre integral (panela), chocolates e ron.

A HERBORISTERIA

Outra parte importante da tenda son os productos de herboristería. Somos muitas as persoas que, ademais de cuidar a súa alimentación como medio terapéutico e preventivo, empregamos remedios naturais e de coñecemento popular a base de herbas, para atender certos problemas concretos ou ben para o simple disfrute dunha sá infusión de calidade. Neste senso en “Arbore” demos un gran paso ó traer as “herbas”  de cultivo bio a granel, o que ven suponer unha reducción no seu prezo importantísima. Calquera pode comprobar que unha bolsa de ourego ou de menta empaquetada de 40 gr custa o mesmo que 100 gr ou máis na tenda. Igualmente as especias como albahaca, curry, canela ou  cúrcuma teñen mellor prezo a granel sendo de cultivo bio en Arbore que nun frasco de cristal en calquera supermercado.

Tamén hai á túa disposición complementos nutritivos moi empregados e coñecidos coma a levadura de cerveza, o xerme de trigo, a espirulina, a onagra, etc. Isto non significa que o seu uso sexa imprescindible para unha boa saúde se te alimentas ben e sen tóxicos, mais axudan para unha vida urbana, nalgúns casos estresante, e con dificultades para conseguir ás veces alimentos frescos de calidade.

OUTROS PRODUCTOS

Hai na tenda outros productos que dan diversidade á oferta. Temos desde productos de limpeza ecolóxicos (deterxente, lavavaixelas, etc.) productos de hixiene persoal, de cosmética, piensos para cans ecolóxico, etc.

POLÍTICA DE COMPRAS

Unha cousa a indicar claramente é que NON TODOS OS PRODUCTOS QUE HAI NA TENDA SON BIOLÓXICOS. Algúns non o son. Para sabelo fíxate se teñen aval ou pregunta ás persoas de compra-vendas.
Aínda que un criterio ecolóxico é mercar o máis próximo posible, a maioría  dos productos biolóxicos proceden doutras comunidades, principalmente Cataluña, así que desde Arbore sempre serán ben vistos novos productores biolóxicos instalados nos campos galegos. Dende a comisión de compra-vendas sempre agradeceremos novos contactos de productores e proveedores biolóxicos.

Un dos nosos criterios á hora de escoller os productos é a cercanía do lugar de producción. Por un lado afecta á frescura do producto, pois pasa menos tempo dende que este é recollido ata que se leva para casa. Por outro lado está o importante factor medioambiental, polo que ó facer percorridos máis curtos consúmese menos cantidade de combustible. Así e todo, debido ó escaso consumo de productos ecolóxicos, a situación actual é a seguinte: pequenos productores ou distribuidores que fan reparto dunha pequena cantidade de productos por un territorio máis ou menos grande. Esta é outra das razóns do encarecemento dos productos ecolóxicos,  e terá que chegarse a un maior consumo nunha mesma zoa para que o sobreprezo derivado do transporte se vexa reducido.
A parte de facer pedidos dos productos de alimentación que teñen máis saída, en Arbore traballa moito por encargo, e dicir, mércanse os productos que a xente pide, sempre que se poidan conseguir. Isto faise coa intención de disminuír o risco social que se daría traendo moita cantidade e gran variedade de productos, xa que, de non venderse a curto prazo, poden caducar ou ben, en calquera caso, tratase dun gran inmovilizado que impide novas operacións económicas da sociedade. Este baixo risco ocasiona certas incomodidades a tod@s, pois ás veces non hai o producto que queremos ou ben tarda en chegar. Nese caso pedímosche a túa comprensión e colaboura.

Ademais temos que dicir que a tenda paga case ó contado ós seus proveedores, non mantendo débeda algunha neste intre, salvo para os casos de material entregado á tenda en depósito (pagadeiro ó vendelo) que é moi pouco.

Trátanse especialmente desta forma os productos de cosmética e hixiene persoal, e os complementos nutritivos, nos cales a Cooperativa non se quixo especializar por non ser productos básicos de alimentación (e polo tanto indispensables), e por ser productos xeralmente bastante caros e de menor venda, polo que a cooperativa arriscaría moito dispondo de grandes existencias. Tamén os productos moi perecedeiros como os pans e o leite, xa que a tenda non se pode permitir arriscarse a perdelos por que se estropeen.
Por outro lado, as persoas de compra-vendas poden pedir novos productos que poidan ter saída (traballando cun risco o máis pequeno posible), e así, pouco a pouco aumenta a variedade de productos sobre todo envasados, pois @s consumidor@s aspiran a poder mercar na tenda todo o que precisan para o seu fogar.

FUNCIONAMENTO

O funcionamento da Cooperativa baséase en tres principios: a autoxestión, a transparencia e a participación.

No que se refire á autoxestión temos claro que son as propias persoas que forman a cooperativa as únicas que dirixen o rumbo xeral. Ó estar xestionada por un número limitado de persoas a transparencia é imprescindible para que todos e todas coñezamos as propostas e decisións dos órganos da cooperativa (Asembleas Xerais, Consello Rector e comisións) así como a súa situación en tódalas súas vertentes (económica, xurídica, material,...). A participación foméntase totalmente ó seren todas as reunións abertas e seren publicitadas con anterioridade.

A Asamblea Xeral é o conxunto de tódolos socios que toman as máis importantes decisións sociais. Na asambleia faise o repaso anual da marcha da Cooperativa e se marcan rumbos a seguir durante o  seguinte ano. Tamén se escolle ós compoñentes do Consello Rector e @ interventor/a. Realízanse dun xeito ordinario (mínimo) unha vez por ano e dun xeito extraordinario (para temas concretos) ás veces que @s soci@s ou o Consello Rector estimen oportunas.

O Consello Rector é escollido pola Asemblea Xeral e asume a xestión social entre asembleas. Compóñese pol@ President@, Vicepresident@, Tesoureir@, Secretari@ e vari@s vocais. Dentro do Consello Rector cada persoa ten un cargo ou adícase a realizar unha tarefa concreta, do que dará despois conta na reunión mensual. As tarefas que realizamos son: xestión administrativa e de nómina, contabilidade, altas e baixas de soci@s e o mantemento actualizado dos seus datos, representación da Cooperativa a nivel público, reformas e limpeza do local, xestión da compra e venda dos productos e toma de decisións nos temas que vaian xurdindo. Hai tamén persoas que non sendo do Consello Rector axudan nestos traballos ou ben teñen designadas tarefas concretas, como as encargadas da publicidade.
Calquera con tempo e ganas pode asistir ás xuntanzas do Consello Rector e asumir parte destas e outras tarefas. O Consello Rector reúnese de xeito ordinario o primeiro venres de cada mes ás 19 horas.

Como medios de comunicación interna na Cooperativa, temos:

Os taboleiros. Fíxate neles, pode haber algo importante que che interese.

O libro diario, ou de suxerencias e comunicacións. Serve para facer calquera comunicación, comentario ou pregunta ó resto de soci@s, e lee-se en todas as reunións do Consello Rector. É ferramenta básica na Asociación.

As cartas @s soci@s. Polo de agora, editanse e mandanse cunha periocidade non fixa, cando o Consello Rector o considera oportuno (aprox. estase a facer cada trimestre) para anunciar todas as novidades, convocatorias, informar de novos productos á venda e facer un repaso, en xeral, da organización e marcha da Cooperativa.

O calendario de actividades, exposto nunha das paredes da tenda,.

Os libros de contas, que custodia o tesoureiro está no local para botarlle un ollo.

O libro de compra-vendas, que manexan as persoas do mostrador.

O libro de actas, que recolle os acordos dos órganos da Cooperativa.

O “Buzón para soci@s”, o lugar na tenda onde buscar as cartas da asociación para ti.

Por outra parte, xa dixemos que as actas son públicas e están a disposición de calquera soci@ no local (non poden levarse  sen permiso explícito d@ Secretari@).

E se queres consultar calquera dúbida, recibir información ou comentar calquera cousa persoalmente, podes achegarte ó local e falar con algunha das persoas que estamos traballando alí; ou, mellor aínda, para non chegues ó local e nos atopes ocupad@s e sen poder adicarche o tempo preciso, podes solicitar unha cita con algunha das persoas que levamos a xestión.
Lembrade tamén que os Estatutos están no local á disposición de soci@s e non socias. @s soci@s, poden quedarse cunha copia e as que non o son, poden consultalos mo local.

RÉXIME ECONOMICO

Como toda Cooperativa disponemos dun capital social aportado por tod@s @s soci@s (60 € por unidade familiar). O capital é necesario para a constitución da coperativa e a dotación de mercadorías, útiles e mobiliario e dá dereito a participar na xestión. O pago desta achega, que pode realizarse nun máximo de catro mensualidades de 15 € cada unha, é indispensable para ser considerad@ soci@ e recuperáse ó ser efectiva a baixa coma soci@.
Por outro lado está o pago da cuota semestral que é de 18 € (estes cartos non son recuperables). A cuota axuda a cubrir os gastos fixos xenerados na actividade e permite @ soci@ adquirir os productos da cooperativa cun 15% de desconto (variable en algúns productos) sobre o prezo de venda ó público.

O desconto do producto irá en función do desenrolo da cooperativa. Sendo un dos obxectivos a adquisición de productos ecolóxicos, naturais e de comercio xusto a prezos máis asequibles para o conxunto da poboación, o prezo a soci@ irase reducindo na medida que poidamos segundo aumenten os beneficios.

NA PROCURA DA COHERENCIA

A coherencia dunha asociación deste tipo, Coperativa de Consumo Consciente-Productos Biolóxicos, é difícil de acadar. Aínda así debe ser un referente permanente e a súa persecución unha tarefa inesquecible. Hai que dicir que a denominación de Consumo Consciente vai máis alá dunha simple Tenda Ecolóxica. O consumo consciente implica non só ter en conta a procedencia (ecolóxica ou convencional-química) dos alimentos senón tamén interpretar en clave ética  e integral o mundo. Deste xeito o Consumo Conciente implica non mercar dun xeito consumista e irreflexivo, senón en razóns das nosas necesidades nutritivas e sociais, tendo en conta ó mercar, ademais da nosa saúde, a saúde (e a vida) doutros animais, doutras persoas e de todos os seres en xeral  (a saúde do planeta); e incluso a da nosa propia economía. De aí que, por exemplo, se deban evitar os excesivos desperdicios e embalaxes e se fomente os graneis; ou se busquen, na medida do posible, productos de mercados próximos (inda que hoxendía no noso entorno xeográfico o mercado da produción ecolóxica inda está a escomezar).
Na procura da coherencia Arbore REUTILIZA as bolsas plásticas para levar a compra e por iso che pide que as traias á tenda cando veñas.

Tamén recóllense os envases de vidrio da mel e os iogures para ser reutilizados.
Ademáis se está levando a cabo unha labor de defensa medio ambiental importantísima ó recoller aceite usado para facer un obradoiro de xabrón que convirte un producto contaminante se se vai polo vertedeiro –o aceite- nun producto útil para lavar pratos ou o piso coma é o xabrón caseiro. Ademáis de non contaminar AFORRAMOS. O xabrón que se elaboura no local, regálase a quen pase pola Cooperativa, tendo en conta o pequeno que é o seu custe.
Pero isto só é unha procura, as contradiccións existen e precisase que sexan moitos os ollos que vexan a realidade para, desde distintos puntos de vista, atopar a mellor solución. Iso si, tamén fan falla mans para levalas a cabo e xestionalas.

ACTIVIDADES.

As actividades que organizamos na Coperativa, teñen os seguintes obxetivos ou funcións:
1- Que sirvan de medio para informar a terceir@s  do que é, e o que pretende conquerir, o proxecto “Arbore”; divulgar o seu obxectivo social e, en xeral, promover o Cooperativismo, a Economía Social, o  Consumo Consciente e a Agricultura Ecolóxica.
2- Crear espacios de achegamento entre @s soci@s.
3- Conquerir financiamento adicional para cubrir ou apoiar os diversos gastos xerados na consecución do obxectivo social da Cooperativa

Foron decenas ás actividades e actos desenvoltos por Árbore dende os seus inicios; organización de charlas, participación en xornadas de agricultura ecolóxica e economía social, visitas feitas a explotacións de productores, visitas recibidas por parte de estudiantes, colaboración con colectivos afins, obradoiros de fabricación de xabrón reutilizando o aceite usado… 
Na trastenda dispoñemos dun espacio onde podense realizar xuntanzas, traballar ou utilizar como lugar de espallamento tranquilo e cómodo para leer, charlar e incluso tomarse algo relaxadamente.
Se tes algunha ideia, suxerencia ou iniciativa entorno ó tema das actividades, achégate polo local e fáinolo saber; valoralemola entre tod@s e tentaremos poñela en práctica.

COMO PARTICIPAR, ONDE ESTAMOS.

Participar na coperativa pode facelo cada unha no grao que queira e poida, pero hai que ser consciente que o traballo de xestión é algo que debe irse pasando dunhas persoas a outras ó longo do tempo. Trátase dun colectivo autoxestionado e a autoxestión ten nomes e apelidos.
Para ser soci@ hai que cumprir cos requisitos sociais que marcan os estatutos e coas obrigas económicas requeridas tanto en achega obrigatoria mínima como en cuota mensual.
A sede social da coperativa está en:

Rúa Arquitecto Pérez Bellas nº. 5, baixo. 36211-VIGO.
TELEFONO: 986/233497;
arborecop@mixmail.com

 Vigo, Marzo do 2004

 

proxecto fiare galiza