Earthlings - Terrícolas

***************************************************************

AVISO: ISTE DOCUMENTAL É EXTREMADENTE DURO E PODE FERIR A SENSIBILIDADE DO ESPECTADOR.

***************************************************************

***************************************************************

AVISO: ESTE DOCUMENTAL ES EXTREMADENTE DURO Y PUEDE HERIR LA SENSIBILIDAD DEL ESPECTADOR.

***************************************************************

 

Earthlings é un documental sobre como a humanidade utiliza inxustificablemente aos demais animais para a alimentación, roupa, entretemento e uso na experimentación.

Cun estudo a fondo en tendas de mascotas, refuxios de animais, granjas, comercio de peles e coiro, os deportes, o espectáculo, e para rematar na profesión médica e científica. Earthlings utiliza cámaras ocultas, e imaxes do día a día das prácticas dalgunhas das máis grandes industrias do mundo que dependen dos animais con fins de lucro.

Denuncia ademais as prácticas especistas ás cales a maioría da poboación está habituada e cuxo tipo de discriminación hase normalizado ata a data.

Earthlings tardou cinco anos en producirse. O que comezou como unha serie de Anuncios de Servizo Público, foi convertido nun largometraje de cine con cada un dos principais animais relacionados coa cuestión. O seu escritor e director, Shaun Monson, iniciou o proceso con escenas de animais nos refuxios en South Central A, Long Beach e North Hollywood. Pronto o seu interese trasladouse a outras esferas de problemas, como a alimentación e a investigación científica. Co tempo, el acumulou unha pequena biblioteca de material de varias organizacións de benestar dos animais, e comezou a editar.

O proceso foi lento. Como a información chegou gradualmente, a narración de Joaquin Phoenix rexistrouse en etapas e engadiuse despois unha banda sonora. Xunto coa totalidade da música de Moby, algunhas pezas orixinais foron escritas para a película. No 2005, Earthlings estreouse no Artivist Filme Festival, (no que gañou o premio á Mellor Reportaxe Documental), seguido polo Festival Internacional de Cine de Boston, (no que gañou o Premio ao Mellor Contido), e máis recientemente no Festival de Cine de San Diego, (onde gañou o premio ao Mellor Documental de Cine, así como o Premio Humanitario a Joaquin Phoenix polo seu traballo na película).

Phoenix comentou sobre o documental "De todas as películas que fixen, esta é da que máis xente fala. Por cada persoa que ve Earthlings, esta persoa diralle a tres persoas máis sobre a película."

fonte: wikipedia

Versión subtitulada:

 

 

Versión doblada:

 

 

 

proxecto fiare galiza