Super Size Me

 

 

Super Size Me éun documental estadounidense do ano 2004 dirixido polo cineasta independente Morgan Spurlock. O documental foi nominado ao premio Oscar a mellor documental.

No documental o realizador Spurlock experimenta como é alimentarse con comida rápida de McDonald's durante 30 días. O experimento ten asombrosos e negativos efectos para o protagonista, xa que nun mes sobe 11 quilos de peso, sente fatiga continua e ten a necesidade de seguir comendo, bota a perder o seu fígado, os niveis de colesterol no seu sangue aumentan de forma impresionante, e diminúe a súa vida sexual nunha forma considerable.

Este documental é unha aberta crítica á comida rápida ou Fast-Food, e sobre todo ás súas versións "super size" ou "super combo", as que curiosamente McDonald's saca de circulación días despois do estreo da película.

 

proxecto fiare galiza