Documental: O valor das pequenas cousas

O Espazo por un Comercio Xusto presenta: "Un comercio xusto transformador que busca o valor das pequenas cousas". O Espazo por un Comercio Xusto é unha rede ibérica de máis de trinta organizacións de comercio xusto. No vídeo, os diferentes actores da rede presentan o discurso do Espazo, as súas características e ameazas, pondo o enfoque sobre a defensa da soberanía alimentaria, o fomento do consumo responsable e a creación de circuítos curtos. Un modelo que apunta aos fundamentos do sistema capitalista de produción, distribución e consumo, e que se opón ao "negocio con causa" no que o están convertendo os e as que defenden unha visión convencional do comercio xusto, baseada unicamente no pago dun sobreprezo a produtores de países do Sur.


 

proxecto fiare galiza