Cursos en Rede de Espazo Coop

[Información enviada por Espazocoop]

No marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para 2017:

Unión de Cooperativas Espazocoop pon en marcha un plan de cursos na modalidade de teleformación e teleformación mixta, de carácter gratuíto, trátase de 10 cursos.

Esta programación está dirixida a socios e socias de cooperativas, ás súas traballadoras/es, a persoas socias e traballadoras doutras entidades de economía social, e ao público interesado en xeral.

As actividades darán inicio no mes de abril e a inscrición está aberta.

Para consultar os programas de cada curso, o calendario, e para realizar a inscrición, fai clic: aquí.

Formación con certificación.

 

proxecto fiare galiza