Curso Método Biointensivo para o Cultivo de Alimentos / Vigo, Abril

Curso Método Biointensivo para o Cultivo de Alimentos

Amigos da Terra, o proxecto Ecolectivo e Ecopol, poñen en marcha un curso teórico-práctico de 30h de duración, sobre o Método Biointensivo para o cultivo de alimentos en Vigo! Trátase dun método de agricultura ecolóxica a pequena escala, enfocado ao autoconsumo e a mini-comercialización, desenvolto coa fin de cultivar os alimentos necesarios para unha dieta completa e nutritiva no espazo máis reducido posible, sen dependencia de ningún tipo de insumo externo.

Os seus principios de actuación non só producen alimentos nutritivos e orgánicos, senon que tamén reconstrúen e melloran a fertilidade do solo.O curso estará dirixido tanto a aquelas persoas que queren aprender a cultivar os seus propios alimentos dun xeito respectuoso co medio, como a labregos ou labregas ecolóxicas que queren aprender novos métodos de traballo.

 

Profesorado:

  • Juan M. Martínez Valdez: Director de Ecopol, asesor de Ecology Action e responsable da difusión do método en Latinoamérica e Europa.
  • Guillermo Rodríguez Barreiro: Enxeñeiro agrónomo  e Mestre Nivel Básico do método biointensivo.

Prezo: 80€ (inclúe xantar ecolóxico)

Datas: do 5 ao 8 de abril no espazo do Ecolectivo.

Prazas reducidas!  Matrícula ata o 20 de marzo. Para máis información e inscripcións escríbenos a: cooperacion@amigosdaterra.net

 

proxecto fiare galiza