Curso de Análise da Fertilidade da Terra

Dende a Fundación Galicia Verde  complacenos informarvos da próxima celebración do curso de Análise da Fertilidade da Terra  impartido por Jean Pierre Scherer   (Enxeñeiro Agrónomo e Diplomado en Agrobioloxía. Instituto des MFR de la Vienne. Chauvigny. Francia). Jean Pierre Scherer é especialista no análise e  valoración dos solos. A súa gran experiencia na impartición de cursos de clases teóricas e prácticas, tanto no seu centro de traballo como nos numerosos cursos nos que participa por todo o mundo,  permítenlle transmitir cunha extraordinaria facilidade as bases para o análise e o manexo dos solos dos agrosistemas, tan importantes para a obtención unha  producción de calidade .

Este curso impartirase os días 13, 14 e 15 de maio na sede da Fundación, en Forcarei, provincia de Pontevedra.

Os obxetivos do curso son:

  • Aprender a facer un diagnóstico de fertilidade cun mínimo de medios.
  • Como favorecer a fertilidade nun contexto de agricultura ecolóxica.
  • Como utilizar o recoñecemento das plantas bio-indicadoras e lectura do perfil do solo, para propoñer técnicas agrícolas adaptadas a un medio.

    
Contido do taller:

      * Bases teóricas de evolución da fertilidade dun solo, como medio vivo.
      * Lectura do perfil e da flor local.
      * Realización de perfiles en grupo: recolección de índices sobre o terreo.
      * Como facer un diagnóstico, tomar en conta os índices observados no terreo.
      * Realización de diagnostico.
      * Síntesis globais.

Os interesados e interesadas en asistir a este curso deben realizar a súa inscripción na web da Fundación: www.fundaciongaliciaverde.org

 

proxecto fiare galiza