Curso básico de facilitación de grupos / Oleiros, 2016-2017

CURSO BÁSICO DE FACILITACIÓN DE GRUPOS (2016-2017) – 5ª EDICIÓN

Prezada/o amiga/o,

O CEIDA, en colaboración co Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E), acaba de abrir o prazo de inscrición para a 5ª edición do Curso Básico de Facilitación de Grupos: ferramentas e habilidades para xestionar colectivos, empresas e organizacións, correspondente ao período 2016-2017. A facilitación é unha disciplina innovadora cuxa finalidade é axudar aos grupos a volverse máis efectivos. Mediante un conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas, o facilitador/a traballa para crear as condicións que permitan o desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais, tanto na consecución dos seus obxectivos e realización da súa visión, como na creación dun clima onde reine a confianza e a comunicación fluida, empática e honesta.

A actividade, de 150 horas, estrutúrase en 8 módulos de fin de semana, e a matrícula pode realizarse por curso completo ou por módulos independentes.

Máis información e inscricións en: http://www.ceida.org/formacion/curso-basico-facilitacion-grupos-2016-2017-5-edicion.html

 

proxecto fiare galiza