Convocatoria Asemblea Constituínte SPG-Suroeste

Despóis dun ano e pico de reunións de preparación e autoformación, o grupo de traballo do SPG temos a ledicia de convocar a Asamblea Constituínte do SPG Galiza
Sudoeste para o domingo día 9 de agosto no novo local social de Árbore, en López Mora 30, dando comezo en convocatoria única a partir das 10:30 h.

Dado que a orde do día é moi extensa ocuparemos a mañá cos puntos máis densos e deixaremos para a tarde se fora preciso os máis “lúdicos”. A idea é expoñer cada un dos puntos, e antes de aprobalos, comentar dudas e facer propostas concretas, mais non haberá marxe de tempo para extensos debates.

Para evitar extendernos máis da conta, vos recomendamos que aproveitedes estes días previos para consultar na nosa páxina web o contido da mesma no que queda reflexada a nosa filosofía, así como toda a documentación que temos que aprobar, e desta maneira chegar á Asamblea coas ideas o máis claras posible.

Ao medio día faremos parada para xantar o que queirades levar para a ocasión, lembrade que un dos principios de Árbore é o respeito polos animáis así que optaremos polas nosas especialidades vexetarianas.

+info: https://sistemaparticipativodegarantia.wordpress.com/ (onde tamén podedes consultar a orde do día)

 

proxecto fiare galiza