Convite a coñecer o Bosque de Beni

Benquerida xentiña :

Unha vez mais a asociación “O Bosque de Beni, espazo de aprendizaxe en liberdade para crianzas e persoas adultas”, abre as súas portas para acoller a todas aquelas persoas que desexen coñecernos mellor.
Esto acontecerá o vindeiro : VENRES 11 de Marzo de 17:00- 18:00 h
Alí estaremos acompañantes e familias para amosarvos o espazo que habitamos e recibir as vosas dúbidas e achegas.
Sería mais doado para nós si puiderades comunicarnos a vosa asistencia no correo-e : obosquedebeni@gmail.com  Un saúdo. O Bosque de Beni

 

proxecto fiare galiza