Xornadas Galegas de Economías Éticas o 27 e 28 de xuño en Vigo

Xornadas Galegas de Economías Éticas: troco e cesión, bancos de tempo, moedas alternativas, ferramentas financeiras solidarias no Centro Social do Calvario, Vigo (rúa Numancia, 3) o 27 e 28 de xuño de 2009.

 

¿Estamos en crise? O sistema económico neoliberal, baseado no espellismo do crecemento sen freo, na especulación absurda e a depredación do medio afúndese, fagocitándose a si mesmo.

¿Estamos en crise? Os bancos e as multinacionais que esquilman a terra coa súa delirante obsesión polos beneficios ven como se acenden todas as alarmas.

¿Estamos en crise? Os gobernos, cómplices durante décadas do desenvolvismo salvaxe, bótanse as mans á cabeza e declaran que chegou o momento de que a bolsa salvadora do Estado pague as facturas dos especuladores.

¿Realmente estamos en crise ou son eles os que están en crise? E pretenden que, unha vez máis, os cidadáns lles saquemos as castañas do lume.

É tempo de mudanzas. Cando o Estado afúndese, cobran forza unha vez máis os sistemas económicos éticos: propostas claras, viables e sensatas, respectuosas coa contorna, que non confunden benestar con incremento da produción e que apostan pola reciclaxe, a utilización consciente dous recursos, a solidariedade e o ben común.

As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario, invitámosvos a participar, os próximos 27 e 28 de xuño, en Vigo, nun encontro galego de economías éticas: bancos de tempo, troco, cesión...

O obxectivo destas xornadas é propiciar un contacto entre os grupos e organizacións galegas que traballan para impulsar una economía ética. O encontro iniciarase a mañá do sábado 27 coa celebración do mercadiño mensual de troco e cesión de Vigotroca, na rúa Urzáiz de Vigo, e seguirá, tras un xantar conxunto, coa presentación dos colectivos participantes e a exposición das actividades que estades a desenvolver. Troco, cesión, bancos de tempo, moedas alternativas, novos instrumentos financeiros solidarios... A economía real, a economía decente.

E, o domingo, realizaremos un roteiro guiado polo espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, en Porriño. Porque a economía é tamén, ecoloxía.

Recórdao: os días 27 e 28 de xuño, implícate connosco en Vigo. Por ti. Por todas.


Programa do sábado 27 de xuño

11:00        Mercadiño de troco e cesión na rúa Urzáiz, fronte ó mercado do Calvario. 
14:00        Xantar conxunto dos asistentes ás xornadas.
16:00        Asemblea de organizacións de troco, cesión e bancos de tempo.
19:00        Presentación de ferramentas financeiras éticas (Coop-57, Fiare, etc.).
21:00        Cea conxunta na Cova dos ratos, A.C. Caleidoskopio: actuacións e lecer. 

Programa do domingo 28 de xuño

10:00        Partida cara as Ribeiras do Louro, no Porriño.
11:00        Roteiro guiado polo espazo natural.
14:30        Xantar conxunto dos asistentes na Cova dos ratos, A.C. Caleidoskopio.
16:00        Café sinerxia, ideando propostas de futuro.

Para + información: info@arbore.org

Asinado: Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario

 

proxecto fiare galiza