Xornadas galegas de Economías Alternativas

As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario, invitámosvos a participar, os próximos 27 e 28 de xuño, en Vigo, no primeiro encontro galego de economías alternativas: bancos de tempo, troco e cesión.

O obxectivo destas xornadas é propiciar un primeiro contacto entre os grupos e organizacións nacionais que traballan para impulsar alternativas económicas viables. O encontro iniciarase a mañá do sábado 25 coa celebración do mercadiño mensual de troco e cesión de Vigotroca, na rúa Urzáiz de Vigo, e seguirá, tras un xantar conxunto, coa presentación dos colectivos participantes e das actividades que estades a desenvolver.

Todas as persoas que esteades interesadas en participar, ben de forma particular, ben como colectivos, apuntádevos e expóndenos as vosas propostas (actividades que podades organizar, temas que vos gustaría que se tratasen, achegas que queredes facer, etc.), antes do 28 de marzo, na dirección http://vigotroca.arkipelagos.net/contact .

Con todas as propostas e suxestións recibidas estableceremos o programa definitivo das xornadas.

Así mesmo, rogámosvos que aquelas persoas que necesitedes aloxamento na cidade esa fin de semana nos avisedes coa maior antelación posible.

 

proxecto fiare galiza