Dende fai máis de 1000 anos, elabórase en Siria o xabón de Alepo con aromas suaves e exóticos. Os seus ingredientes básicos son o aceite de oliva e o aceite de laurel. É un produto totalmente puro e natural, sen engadidos químicos, sintéticos nin de orixe animal e sen colorantes nin conservantes e non testado en animais.

O xabón proveniente de Alepo é un produto excepcional tanto para a limpeza como o coidado da pel e cabelo. As súas propiedades reúnen todas as calidades do aceite de laurel e do aceite de oliva. Posúe calidades calmantes e rexeneradoras e aporta ao rostro un aspecto fresco e vital. A súa utilización é adecuada e recomendable para a psoriasis e dermatitis.
O proceso de fabricación tarda de oito a nove meses para seu total secaso. A calor e o tempo faranlle perder o 92 % da auga. Durante este período pasarán da cor verdeal azul turquesa a amarelo e finalmente a sua cor actual. Seu interior conserva un intenso color verde. A tradición heredada durante séculos fai da fabricación deste xabón unha lenda e é considerado, sen dubida, a xoia dos xabones.
Propiedades:
- O aceite de oliva nutre e suaviza a pel
- O aceite de laurel actúa como antiséptico e desinfectante
- Reestablecimiento da película hidrolipídica
- Protexe das infeccións cutáneas e axentes externos
- Protexe as peles secas, as peles sensibles ao eczema, ao acné, ás descamaciones
- Como champú( dúas veces por semana)
- Como máscara para o rostro (deixando actuar durante un minuto e despois aclararse)
- Como espuma para o afeitado (suaviza e hidrata)
- NON contén ningún produto sintético
- NON contén ningún colorante
- NON contén ningún fijador de perfume
- NON contén ningún derivado de graxa animal
- É totalmente biodegradable