Wall Mark - O alto custe dos precios baixos

Sí, cecais estamos moi concienciadas, cecais somos consumidoras conscientes, pero cecais debemos ter a maior información posibel para poder argumentar e fortalecer as nosas creencias, posto que detrás dos nosos actos de consumo atopase a ferramenta máis poderosa de transformación social. (sem olvidar a reinvindicación política, o seu piar simbiótico e indisolubel)
Porque finalmente, somos nós, non coa dialectiva na esfera privada, senón cos actos diarios as que definimos que modelo queremos. E se ben é certo que Wall Mark non chegou ao estado español, non menos certo é que nos abafan Carrefour, Auchan e outras multinacionais. Xa controlan o 75 % da cuota de mercado en menos de 30 anos. A tendencia do capital é clara, hoxe un oligopolio de cinco empresas, mañá se non facemos nada... A Gran Distribución asolaganos co becerro de ouro do prezo. Ummm, que barato... Barato que sae caro, moi caro. Cun sistema de producción basado nos agro-químicos, na intensificción productiva, no monocultivo empobrecedor, na continua precarización das traballadoras e das labregas, na deslocalización do capital, na deslocalización laboral na procura do "mellor saldo", na invención de "necesidades", no alonxamento da realidade rural... Un sistema que da coma resultado alimentos pobres en nutrintes, artificiais, uniformes, enfermos, tintados de sufrimento e de irracionalidade.

No estado español coa actual dinámica capitalista, Wall Mark ou Tesco, non dubidedes que van chegar se non trocan as tornas. Sí, van chegar. E non, non van chegar para xenerar postos de traballo e riqueza, viran a destruir postos de traballo, a precarizar e deslocalizar o capital das economías locais xenerando destrucción das estructuras sociais, económicas ademáis do meio natural. Virán a homoxenizar, a empobrecer, a estresar, a destruir...non amigas, non traeran nada bom para todas nós. Acaso ¿iso é barato?.
Nos últimos 15 anos desapareceron máis de 90.000 pequenas tendas de barrio. Ummm, que barato e iso de destruir riqueza cultural, social e o tecido económico local. Ummm, pasar toda a tarde do sabado sentindome ben porque "aforro" dandolle meus cartos a sabe deus que capitalista impresentable, ummm, as veces cuan simples podemos chegar a ser.

Por todo ilo, pidovós que lle botedes un ollo, que lle fagades un oco, e que miredes este documental, que fala de realidades moi cercanas, xa sexa no espacio coma no tempo.

O coñecemento fainnós libres.

A liberdade é o camiño hacia outro mundo tan necesario.



Realizado polo documentalista de denuncia Robert Greenwald, representa unha excelente mostra da nova fronte de batalla na guerra permanente que os militantes consumidores norteamericanos levan contra as empresas que probadamente comezan a abusar dos seus poderes monopólicos.
Wal-Mart é a maior cadea de megasupermercados do mundo, sendo unha das corporacións mais poderosas do país do norte. E en Wal-Mart: The High Cost of Low Price (O alto costo dos prezos baixos) son acusados mediante entrevistas, documentos, imaxes e denuncias do seguinte: Destrución de comunidades locais ao irromper con prezos cos que se é imposible competir, manter ao groso dos seus empregados en empregos part-time sen pago de horas extras, a negación de plans de saúde aos seus empregados quen están obrigados a usar os destinados a cidadáns de menores recursos e desempleados (Medicare, Welfare), activa política antisindical que involucra ameazas, despedimentos e equipos de resposta rápida que viaxan vía jet privado ante a ameaza dun movemento sindical (é a única empresa grande de Estados Unidos SEN NINGÚN sindicato en función).
A discriminación á hora de ascender aos seus empregados (non son ascendidos mulleres nin persoas de cor). Uso de inmigrantes ilegais que son encerrados na noite dentro dos seus locais para limpalos, uso de billóns de dólares en subsidios estatais para a construción dos seus locais (non dispoñibles para outras empresas) e tras lograr eses fondos, reubican o local fóra dos límites da respectiva cidade para evitar os impostos. Contaminación tóxica de múltiples vertentes e lagos de auga de beber, condicións subhumanas de traballo nas fábricas no estranxeiro que fan os seus produtos de `marca propia` e récord de criminalidad (roubos, asasinatos e violacións) nos estacionamientos dos supermercados que non teñen ningunha vixilancia (excepto onde hai cámaras de video para prácticas antisindicales) e indisposición a facerse responsable.

 

proxecto fiare galiza