Voces contra a Globalización: Outro Mundo é posible, consta de sete capítulos documentais, cada un deles dunha hora de duración, froito das conversacións mantidas entre o director e guionista da serie, Carlos Estévez, e 54 personalidades relevantes provenientes de ámbitos moi distintos.
No primeiro deles, titulado "Os amos do mundo", contouse con testemuños de personaxes como o Premio Nobel de Literatura José Saramago, o politólogo Sami Nair, Ignacio Ramonet, ou o cantante Manu Chao, que falaron en relación ao modo no que se está levando a cabo no mundo o modelo de globalización.
En "O soño de Simbad", segundo capítulo, analízase o novo panorama laboral no mundo: as deslocalizacións de empresas, as grandes áreas de produción mundial (China e India), a inmigración, a perdida da sociedade do benestar en Europa, as privatizacións, a perda dos dereitos laborais, a vitoria da economía especulativa sobre a economía produtiva e a política económica neoliberal.
O capítulo "Un mundo desigual", abórdase a situación da pobreza en relación ao consumo no mundo, as áreas de miseria nos países desenvolvidos, as pandemias, ou o comportamento das grandes multinacionais farmacéuticas nos países nos que un terzo da humanidade vive con menos dun dólar ao día. "Camiño da extinción" falará do quecemento global, a perdida de millóns de especies e as alarmas dos científicos de todo o mundo.
"O século da xente", é o sétimo capítulo que pecha esta serie, e céntrase nos sucesos de Seattle e Xénova e no Foro Social de Portoalegre e Caracas, e expón si "Outro Mundo é Posible" E como debería ser.
A serie "Voces contra a globalización" combina as rodaxes en diferentes lugares do mundo, co arquivo documental, crónicas dos informativos, ou traballos cinematográficos de directores como Win Wenders, Avi Lewis, Piñeiro Solanas, ou Jorge Drexler, con poemas de Mario Benedetti e a actuación dos mimos de Loucas dá Pedra, de Pernambuco (Brasil).
Outras das "voces" da serie será o economista Jeremy Rifkin (EEUU), ecoloxistas como o español Ramón Fernández Durán, o relator das Nacións Unidas para a fame no Mundo, Jean Ziegler, o ex portavoz do Foro Social de Xénova, Vitorio Agnolletto, o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, Giovanni Sartori, o especialista en química atmosférica, James Lovelock, ou o analista social Jose Vidal Beneyto, entre outros.