Vantaxes de consumir productos locais

Vantaxes de consumir produtos da túa zona:

Os produtos son máis frescos. Os produtos transportados de lonxe poden estar semanas en conxeladores.

A comida local sabe mellor. Un produto colleitado onte ten moito máis sabor que un anterior.

Tardan máis en estragarse. Os produtos colleitados tradicionalmente preto da túa casa, son recien colleitos, teñen menos produtos para conservalos e dúranche máis tempo ao ser recien colleitos.

Comer desta forma reduce emisións de gases contaminantes. Os medios que transportan os produtos de lugares afastados provocan elevadas emisións de CO2.

Comemos produtos de tempada. Ao consumir produtos locais automaticamente comemos produtos de tempada que son máis sans. Ademais os produtos de tempada son máis baratos.

Coñece de onde veñen os teus alimentos. Sempre é máis reconfortante sentarche a comer sabendo de onde proceden os produtos. Coñecendo ao panadeiro, ao agricultor, etc. e sabendo como traballan.

A comida local é variada. Un agricultor que non produce en masa pode dedicarse a producir diferentes produtos.

Impides monopolios. O 80 % dos produtos distribúense en España por 5 empresas as cales fan e desfán en canto a prezos finais e en canto a que se produce e como. Apoiar aos pequenos produtores serve para loitar contra esta mala práctica.

Comprando aos produtores locais apoias o desenvolvemento sustentable das súas terras. Con ingresos os agricultores permaneceran e utilizarán as terras para producir alimentos. Aproveitando as terras e dando traballo a moitas familias diferentes.

 

proxecto fiare galiza