SOS COUREL

¡ Incrible o que arrisca a Xunta de Galicia no Courel !

SOS Courel, no 2005, presentou unha queixa ante a Comisión Europea,
tramitada co Nº 2005/4696, para denunciar a proliferación
indiscriminada de canteiras e outras desfeitas colaterais interesadas,
coa intención de asolar a Serra enteira.

Despois de varios avisos que non tiveron éxito, esta Institución
Europea, o día seis de este Maio, emitiu o último informe de
advertencia antes de pasar ao díctame definitivo, que podería levar a
España ante os Tribunais de Xustiza Europeos e a ser condenada a
devolver cuantiosas sumas de axudas europeas.

Ver noticia http://www.galiciae.com/nova/10773.html

A Comisión Europea advirte graves irregularidades nas seguintes canteiras:

1.- La Campa, canteira en explotación no Concello de Folgoso do
Courel, na cunca do río Lor, ocupa máis de un Km. do río Luruda.
Autorizada pola Xunta en xuño do 2007, cando xa foran advertidos pola
Comisión Europea.

http://www.escarabajoverde.tve.es/programas/2007-2008/6-4-08/ventanaVideo.htm

¡Ollo !para que se poña en marcha o vídeo tes que buscar debaixo da
pantalla parte 1 ou parte 2 e preme.

2.- «La Ilusión Fracción Segunda», en Folgoso do Courel, na cunca do
río Lor, outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do
desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, norma
aprobada o "martes trece" de maio no Parlamento de Galicia. A Xunta
presumiu de tela anulada no 2007, pero non foi tal.

3.- "Cupa II, fracción 3ª", en Folgoso do Courel, na cunca do río Lor,
outorgada no 2006, sen explotar de momento a espera do desenvolvemento
da Lei de ordenación da minaría de Galicia.

4.- "Cupa II, fracción 2ª", incriblemente emprazada xunto ao
"monumental" Pregue Tumbado do Courel, outorgada no 2006, sen explotar
de momento a espera do desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría
de Galicia.

Lei de ordenación da minaría de Galicia

Coa recentemente aprobada Lei de ordenación da minaría de Galicia, a
Xunta e o Parlamento de Galicia habilitaron o instrumento necesario
para encher o Courel con máis e máis canteiras, agora que a pizarra
entrou en crise por mor da baixa na construcción e por a entrada de
China e Brasil no mercado da lousa, así outras canteiras do Courel
teñen serios problemas de viabilidade:
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/03/23/0003_6671398.htm.

O caso é abrir e abrir canteiras para logo indemnizar ás empresas
cando teñan que pechar, e a restauración xa se fará tamén con fondos
públicos.

¿Que pasa co Parque Natural do Courel?

A Xunta está adiándoo sucesivamente, en espera da aprobación e
desenvolvemento da Lei de ordenación da minaría de Galicia, para
adiantarse coa declaración de "Concello Mineiro"

¿ Como podes colaborar con SOS Courel ?

1.- Difundindo este comunicado todo canto poidas.

2.- Picando neste vídeo de Youtube para achegalo ao millón de visitas.

3.- Tamén podes mercar o documental "Unha lousa sobre o Courel"

4.- Para quen queira axudar nos procedementos xudiciais de SOS Courel

soscourel@mundo-r.com

 

proxecto fiare galiza