¿Se tiveras que elexir entre un envase de cristal, plástico, lata, ou brik, cal escollerías?

O mellor envase é o de cristal, pois este material é infinitamente reciclable. Os envases podense lavar e reutilizar, e en caso de vertido non causa ningún dano o medio ambiente.

Os envases de plástico, porceden do petróleo, tardan moito tempo en degradarse e contaminan o medio, na súa conbustión producen dioxinas, e libre no medio, en moitos casos causan a morte ós animais, a súa reciclaxe é complexa e os xestores deste residuo optan moitas veces por enterralos en vertedoiros ou queimalos para producir electricidade (chamanlle valorización).

Os envases de lata están feitos de aluminio ou follalata, e para fabricalos hai que abrir enormes minas que destruen o entorno e contaminan o medio, e producen unha gran cantidade de entullos para a cantidade de metal que se extrae. Unha das industrias mineiras que máis residuos causan na súa extración. Para producir estes envases hai que importar estes metais de paises de moi lonxe, aumentando a pegada ecolóxica deste tipo de envases. Reducir as importacións de aluminio e follalata, sería unha boa medida ecolóxica, para elo o mellor é rexeitar calquera producto envasado en lata e optar polos envasados en vidrio, ou en caso de que non teñamos outro remedio o que podemos facer é procurar separar os envases de lata do resto dos residuos e depositalos no contenedor axeitado (amarelo, cos envases de plástico ou briks).

O peor envase dende o punto de vista da reciclaxe, é o brik ainda que é un dos que mellor conserva os alimentos (despois do vidrio, por suposto). Este envase esta feito dunha aleación de papel, plástico e aluminio. O papel dos briks, non é calquer papel é dos mellores que ahi no mercado, e procede das mellores árbores dos paises escandinabos. Este papel de gran calidade, se se separa dos outros materias que compoñen os briks, usase para elaborar bolsas de papel reciclado. Os briks é un dos envases más dificil de reciclar pois hai que separar os tres compoñentes do mesmo e ten que ser rentable, que non é doado. A fina lámina de aluminio dos briks non é facil de reciclar, nin moi rentable para as empresas recicladoras, polo que en moitos casos optan por separar o cartón dos birks e incineran a aleación de plástico e aluminio restante, producindo electricidade e depositando as cinzas restantes nun vertedoiro.

Víctor Manuel Fuentes Viaño (Fene, 1973), traballador do Servizo de Recollida do Lixo Privatizado do Concello de Redondela

 

proxecto fiare galiza