Escola de Outono do Espazo por un Comercio Xusto
Interven Michel Besson (fundador da cooperativa Andines e director de MINGA)
Presentación breve da cooperativa Andines
Andines é unha cooperativa de vendas de produtos de Comercio Xusto. O ano pasado o proxecto facturou 1.200.000 € en cifras de vendas. Besson explica que o nivel económico é primordial, sen este elemento non existirían como organización socio-política de transformación social. Podemos ter boas ideas, pero se o nivel económico non segue, o proxecto desaparece.
MINGA, Rede Francesa de Comercio Xusto
Empezaron a rede co fin de unir os seus soños e as súas inquietudes. MINGA é unha unión de pequena empresas de Comercio Xusto (falamos dunha relación comercial, Norte - Sur, e Norte - Norte).
Teñen moitas dificultades, porque en Francia o Comercio Xusto está "retido" en gran parte por FLO, a través da organización Max Havellar, e lexislada por lei a favor desta forma de ver o comercio.
Opinión do autor:
Max Havellar é moi poderoso en Francia grazas á súa idea dun comercio xusto de axuda aos "pobres do sur" e non de transformación da sociedade capitalista. A súa mensaxe ten éxito neste país, porque o comercio xusto en Francia naceu coas organizacións relixiosas, quen ven o Comercio Xusto como unha ferramenta de asistencialismo aos pobos de países do sur. A xente ve o Comercio Xusto desta maneira e non como unha posibilitade de modificar a cadea comercial. Unha loita grande é ensinar á xente a nosa mensaxe para que cambie de mentalidade sobre o Comercio Xusto, e interésese polo noso movemento e as nosas ideas.
Minga representa 68 empresas:
- 16 cooperativas de traballadores de todos os sectores
- Colectivos de agricultores
- 38 tendas
- Unha empresa que traballa con software libre
Dificultade interna á Rede:
¿Cómo facer fronte á mercadotecnia desenvolvida e ás empresas máis famosas?
Hai unha lei do antigo presidente francés Chirac que di que o Comercio Xusto é unha relación comercial Norte - Sur. É unha lei que impide que MINGA use o termino Comercio Xusto. Así que, non o usan.
A rede decidiu en 2008 deixar as palabras "Comercio Xusto" a eles (FLO e o goberno francés) e definir o traballo da rede como unha procura doutra economía, denominando seu traballo "Economía Equitativa", así lle chaman. Porque senón hai confusión e non se poden loitar.
Decidiron transformar MINGA nunha organización política e profesional. O obxectivo é cambiar esta sociedade. O traballo da rede faise a través de análises constantes. Aprenderon a escoitar e a intercambiar.
Primeiro, debemos ser respectuosos, escoitando aos nosos veciños, aos agricultores e despois podemos ser solidarios. A equidade en todas partes e para todos. Para toda a cadea, os comerciantes, os produtores, os agricultores, os distribuidores....
A equidade é en todolos sectores económicos: primeiro, segundo e terceiro. Incluír todas as actividades incluídos os que "aconsellan".
O Sistema Participativo de Garantía
Sobre esta base, MINGA construíu unha "carta de compromiso" (fai 6 anos) que cambia e evoluciona cada ano. Son 84 criterios principais en varios sectores. Por exemplo, MINGA comprométese a analizar e entender a sociedade na que vivimos, a xustiza no comercio por exemplo naceu fai miles de ano co comercio. é importante entender que MINGA está nese proceso. O que buscan é mellorar as súas actividades. Estes criterios son compatibles coas organizacións coas que teñen alianzas a nivel nacional e internacional. Montan un sistema de garantías para mellorar e valorar as súas actividades e isto é de cada parte da cadea.
Para entrar neste sistema de garantía, cada actor faino de forma voluntaria. Todos deben estar de acordo.
Cada actor ten que encher uns formularios de información e despois montan comisións de avaliación, na que participan os actores da cadea, cidadáns, técnicos... Reúnense para avaliar. Tratan de avaliar a cadea para ver que hai que mellorar, e por un prazo.
Tamén hai un comité, que é exterior. Unha Web (en construción) onde os resultados van aparecer reflectidos, porque un punto fundamental é a transparencia total. Tamén serve para debate social e como ferramenta pedagóxica.
Outras actividades de MINGA
Fixeron encontros, conferencias, feiras, películas e accións con municipalidades e sindicatos que entenden a "economía equitativa". Con outras quince organizacións francesas, MINGA creou ALIMENTE EUROPEA, unha campaña para falar da Soberanía Alimentaria, para dicir que é posible.
Outra campaña foi a "Primavera para unha economía equitativa". Montaron máis de 200 eventos, unha semana de actos e mercados. O obxectivo foi o encontro entre os diferentes actores: agricultores, produtores, distribuidores...
MINGA espere actuar máis entre as organizacións. Apoiar máis, se hai campañas, eventos, tamén traducir os textos e os traballos... A rede quere mellorar a súa cooperación comercial con outras empresas. Tamén sacar un comunicado de prensa, é dicir, cando se reúnen comunicalo á prensa.
Financiamento da rede
O problema da autofinanciación é moi complicado. MINGA non se autofinancia totalmente, hai cotizacións das organizacións. O total acumulado en facturación das empresas é 15 millóns de euros, é pouco.
A rede recibe diñeiro para sobrevivir da realización de estudos e para ensinar sobre o comercio equitativo porque dan charlas en escola e cobran polas intervencións.
MINGA tentou pedir diñeiro a un banco cooperativo, pero segundo Besson, ?nunca nos prestou, nunca! E somos cooperativas! Non son mellores que os outros bancas.?
Opinión do autor:
Michel Besson aquí ensínanos o problema que temos na contorna das cooperativas. Podemos dicir que hai cooperativas de economía social tradicional que seguen o camiño dos bancos e hai cooperativas de economía solidaria que teñen problemas económicos. A dificultade é atopar a clave para que os bancos cooperativos non reneguen das outras organizacións de economía social e solidaria. é unha loita importante, como facer que as organizacións que debe axudar proxectos cos mesmos principios fágano.
Quince empresas de MINGA tiveron que parar as súas actividades. Teñen moitos proxectos pero non hai diñeiro, e como cada vez son máis políticos non lles conceden ningunha subvención. Os políticos franceses din que son revolucionarios e non lles axudan.
+info: http://www.minga.net
http://www.espaciocomerciojusto.org/
Olivier Ligot
socio 450