A pataca fundida polos hipermercados

A invasión de patacas foráneas, de menor calidade e baixo prezo, poñen contra as cordas ás e os agricultores do Estado, que se mostran indefensos ante uns prezos no campo, (0,10 euros/Kg), moi por baixo dos custos de produción (0,18euros/kg). Así o revela o Informe de situación do sector da pataca, elaborado polo Departamento de Agricultura da Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Ganaderos (COAG). O 65% das patacas que se consomen na actualidade no Estado son de fóra, fundamentalmente de Francia (50%). Constátase neste sector tamén a "man negra" da gran distribución.

No Estado consómense da orde de 1,18 millóns de toneladas de pataca ao ano, das que 539.186 Tn. son de Francia, 83.261 de Reino Unido, 69.229 dos Países Baixos, 19.772 de Israel e 7.472 de Marruecos. Na última década o nivel das importaciones creceu de xeito exponencial, pasando das 550.000 toneladas no ano 2000 ás máis de 750.000 Tn da pasada campaña.

As cadeas de distribución priorizaron a compra de pataca vella francesa a prezo reducido, apilada nos almacéns desde a campaña anterior e, xa que logo, cunha menor calidade. En cambio, o 20% da produción de patacas de primeira colleita de Andalucía e Murcia quedouse baixo terra.
Con todo, o afundimiento dos prezos no campo non se trasladou ao prezo que paga a poboación consumidora (0,90 euros/kg). No contexto de crise económica, as grandes cadeas de distribución utilizaron este produto como reclamo nos seus establecementos, sen que esta circunstancia supoña un alivio nos petos de quen consumen, xa que os distribuidores mantiveron os seus abusivos marxes comerciais, (de xuño de 08 a xuño 09, o diferencial entre orixe e destino pasou do 346% ao 1.314%, segundo os datos do Índice de Prezos en Orixe e Destino dos alimentos, IPOD, elaborado mensualmente por COAG e as organizacións de consumidores UCE e CEACCU).

 

proxecto fiare galiza