Papel reciclado - a mellor opción

O papel reciclado segue sendo a mellor opción dende o punto de vista ambiental. A súa calidade hoxe en día é sorprendente e non ten por que rexeitarse para o uso externo. Máis ben ao contrario: ao usalo demostra o seu compromiso co medio ambiente e participa activamente na protección dos nosos recursos.

Á hora de elixir un papel, os dous criterios máis importantes que hai que ter en conta polo seu impacto ambiental son a procedencia da fibra e o método de blanqueo.

Procedencia da fibra:

A fibra reciclada gaña a calquera fibra virxe polo seu aforro considerable de auga, enerxía e emisións de CO2, de tal modo que:

- Co uso de 3 follas, aforra o auga dunha xarra de café.

- 250 follas aforran enerxía para acender unha bombilla de baixo consumo de 11W durante 50 horas.

- Cun paquete de 500 follas pode lavar unha máquina de roupa.

- 1.000 kg evitan a emisión de CO2 dunha viaxe en coche dende Vigo a Madrid
Para usos que esixan máis calidade e acabado, está a alternativa dos papeis de fibra virxe de bosques certificados baixo as estritas normas sociais e ambientais do FSC (Forest Stewardship Council). Se non está clara a procedencia da fibra, mellor non mercar ese papel. Poida que proveña de fontes incontroladas e talas ilegais.

Método de blanqueo:

O método estándar para o blanqueo é o chamado ECF (exento de cloro elemental). Esta forma de cloro substitúese por outra non tan dañina como o dióxido de cloro. Aínda mellor é o método TCF (totalmente libre de cloro), no que se renuncia ao cloro de calquera forma e úsase, p.e., osíxeno.

Nos papeis certificados co Anxo Azul non se poden usar blanqueadores que leven cloro nin outros compostos difíciles de degradar.

Unha curiosidade: en papeis reciclados, conséguese unha alta blancura non por un proceso de blanqueo máis intenso senón mediante a preselección do papel usado. E á mantenta: moitos papeis chamados ecolóxicos, lamentablemente só reflicten o método de blanqueo e malia o seu título, deixan fóra da súa consideración a fibra que se usa. Teóricamente, pode pasar que compre un papel libre de cloro feito con fibras procedentes de talas ilegais.

En calquera caso, o certificado Anxo Azul é a mellor garantía para que os papeis cumpran os requisitos ambientais máis esixentes e funcionen correctamente en calquera máquina de oficina. Como dato, sirva que do papel 100% reciclado, polo menos o 65% da fibra debe provir de clases baixas e medias de papel postconsumo. Tamén existen límites para sustancias perigosas como o formaldehído e non se permiten os colorantes AZO nin metais pesados.

En Árbore só vendemos papel reciclado Anxo Azul que garantiza unha perfecta armonía co meio ambiente a un prezo axustado: 4,03 € o paquete de 500 folios.

 

proxecto fiare galiza