A Panela

A panela ou azucar integral de cana, é un alimento básico que, a diferenza do azucar refinado, conten un alto porcentaxe de nutrintes, vitaminas e minerais. O producto acabado obtense da concentración do xugo extraído da cana por evaporación ata a obtención dun xarope denso que a posteriori soldificase e granula mediante o batido.

Sinónimos:

Raspadura, rapadura, atado dulce, chancaca, empanizao, papelón, piloncillo o panocha.

Usos:

A panela ou papeleta é un ingrediente importante na gastronomía de Mesoamérica, Colombia, Venezuela e Ecuador. Utilízase para a elaboración do melado ou mel de panela (unha especie de caramelo), que é base de moitas sobremesas e doces tradicionais.

Utilízase para elaborar bebidas. Unha bebida tradicional de Colombia, Venezuela e Ecuador, é a auga de papeleta, "Papeleta con Limón" ou Auga de panela, que se prepara deixando disolver un bloque de panela en auga fervendo, á cal se agrega limón, podéndose consumir fria ou quente. Outra bebida que se fai a partir da panela é certa variante do guarapo: o guarapo é unha bebida alcohólica produto da fermentación alcohólica da auga de panela. Tamén é usada como un edulcorante sucedáneo do azucre, principalmente nas zonas rurais.

A panela atribúenselle efectos benéficos no tratamento de arrefriados, tomándoa en forma de bebida quente de 'auga de panela' con limón, a cal hidrata e diminúe o malestar. A 'auga de panela' fría, é comunmente utilizada por algúns deportistas como unha bebida hidratante natural, que refresca e achega calorías e sales minerais, para un mellor rendemento corporal e unha maior resistencia física.

O grupo productor:

A nosa panela procede da cooperativa El paraíso, situada no noroeste de Quito (Ecuador). Unha vez elaborada, a panela e comercializada por Maccita, organización que traballa polo desenrolo rural e proporciona os pequenos agricultuores capacitación, asistencia técnica na producción e comercialización.

A panela chega a túas mans, sen intermediarios, directamente, gracias a colaboración entre Amarante e Árbore.

O contexto socioeconómico:

Tradicionalmente os traballadores da panela proveñen dos sectores máis empobrecidos da agricultura ecuatoriana, feito que os convirte en víctimas fáciles dos intermediarios tradicionais da comercialización.

Neste caso son os productores quenes establecen as reglas sobre comercialización. As cooperativas de panela poden así ver mellores días para súas familias, a súa zona e o seu sector.

 

 

proxecto fiare galiza