Os cartos non molan no BBVA ou no Santander

O BBVA

BBVA fomenta os conflitos bélicos no mundo a través do financiamento de empresas de armamento. Entre elas destacan as que fabrican as indiscriminadas bombas de racimo.

BBVA converteuse nun dos bancos máis poderosos do mundo, sobre todo expandiéndose en Latinoamérica comprando bancos a prezos de ganga mediante poxas, presión e ata comprando a influencia de gobernos para a compra de bancos privatizados, etc. Para iso tamén usou diñeiro desviado mediante paraísos fiscais e contas secretas. Moito deste diñeiro proviña do lavado de diñeiro negro, entre outros do narcotráfico. Todo iso foi probado en investigacións e en xuízos (2001 e 2005). A súa expansión en Latinoamérica supuxo o despedimento de 7.000 traballadores nun ano.

BBVA desenvolve prácticas antihumanitarias como a clausura de organizacións humanitarias (México, Colombia), o cobro de comisións en axuda humanitarias a traxedias ou sobrepagar ao seu presidente: 9,7 millóns de euros anuais (máis 10 millóns en pensións)

BBVA explota laboralmente ao seu persoal mantendo métodos coercitivos e de control, usando subcontratas, mantendo diferenzas salariales abismales entre o seu persoal e roubando aos seus traballadores dos cuartos de paga (culpable nos tribunais)ou de mobbing (culpable nos tribunais).

BBVA aprovéitase de condicións sociais para acrecentar o seu poder económico ofrecendo servizos como remesas, microfinanzas, pensións. Ou restringiendo outros como acceso a créditos para os menos podentes, acceso a aforros; caso do Corralito (Arxentina) (actualmente nos tribunais)

BBVA promueve a destrución ambiental ao financiar, minas ao descuberto, extracción petrolera e de gas, así como oleoductos e gaseoductos na Amazonía e outros enclaves protexidos de Latinámerica.

BBVA financia o xenocidio de pobos indíxenas en varios países latinoamericanos ao contribuír con proxectos e compañías petroleiras, gaseiras e mineiras que violan as súas zonas protexidas, os seus dereitos e que destrúen os recursos e hábitat que precisan para a súa supervivencia.

Negar a realidade

Durante os anos 2004 e 2007, 68 bancos de diferentes países ofreceron créditos por 10.000 millóns de euros a fabricantes de bombas de racimo.

BBVA, Banco Santander, Bank of America, Barclays, Citigroup, Lloyds TSB Bank, HSBC, Merrill Lynch ou o Deutsche Bank están tamén entre as entidades que ofrecerían créditos sindicados a seis productores mundiais de bombas de racimo: as estadounidenses Lockheed Martin, GenCorp, Raytheon, Textron, a francesa Thales e o consorcio europeo EADS.

Estes bancos negan a realidade, ao pretender que o financiamento é unha actividade neutral, asegurando que eles aportan os cartos e as multinacionais armamentisticas beneficiadas deciden o que estiman oportuno cos cartos.

É vergoñento que BBVA e Banco Santander investiguen en profundidade ás empresas para asegurarse de que as súas operacións serán proveitosas, pero non fagan o mesmo para pescudar o destino dos fondos que prestan.

Segundo o informe, o BBVA participou con 35 millóns de dólares nun crédito sindicado en 2005 entre trece bancos á empresa Raytheon, por un valor total de 2.200 millóns.
Este banco tamén participaría, xunto ao Santander e outras 34 entidades de crédito, nun financiamento de 3.650 millóns á empresa de aviación-armamentistica EADS, empresa clave no desenrolo das mortíferas bombas de racimo.

Dobre moral

Pola súa banda, fontes do BBVA declinaron comentar os datos que aparecen no informe. Cabo sinalar que, segundo información publicada por solidariedade.net, no
seu Informe Anual de 2005, o BBVA fixo alarde da súa Responsabilidade Corporativa e, en boca do seu presidente, Francisco González, afirmaba:
"Queremos actuar de forma correcta, ética e eficiente con tódolos sectores cos que, directa ou indirectamente, relacionámosnos, tomando en consideración equilibradamente tódalas dimensións da nosa actividade. A económica, dende logo, pero tamén a humana, a social e a ambiental".

Con todo, esta entidade bancaria non ten o mínimo reparo en realizar sonoros investimentos en empresas fabricantes de todo tipo de armamento, entre o que se atopa o agora denunciado polas ONG.

O exemplo de Bélxica

As organizacións non gobernamentais reclaman á comunidade internacional que siga os pasos de Bélxica, que nos próximos días converterase no primeiro país que prohibe expresamente ás súas entidades financeiras ofrecer créditos a ningunha "compañía activa na produción, uso, reparación, venda, fornezo ou exportación de bombas de racimo".

Todo un exemplo para gobernos que, como o dos Estados Unidos, país que segundo o estudo sitúase no primeiro posto en produción de bombas de racimo, defendeu a pasada semana a lexitimidade do seu uso, en resposta á conferencia de Oslo. As bombas de racimo, en ocasións deseñadas con cores vivas que as fan atractivas para os nenos, se fragmentan para multiplicar a súa capacidade destructiva ao estourar.

Pola súa causa, no 2006 un total de 3.830 persoas morreron e 5.581 resultaron feridas en países como Irak, Afganistán, Líbano, Serbia, Sudán ou Bosnia-Herzegovina.


fonte:
finanzaseticas.org

Comentarios

alvaro_baixa2008
Ven, 21/08/2009 - 02:10

 

proxecto fiare galiza