Os campos da morte

Os campos da morte: A batalla para alimentar a gandaría industrial"
é un novo documental sobre os impactos ambientais e sociais dos
monocultivos da soia (na súa imensa maioría transxénica) en America
Latina, destinados á alimentación de gando industrial na Europa e Asia.

"Inmensas plantacións de soia, cultivada para alimentar os polos,
vacas e porcos europeos, eliminan a vida salvaxe e agravan o problema
da mudanza climática. Para dedicar máis superficie ao cultivo de soia,
millares de persoas están a ser forzadas a abandonar as súas terras.
Estase a desprazar poboación indíxena e estanse a talar bosques", dise
na apresentación da película no seu web.

O filme foi producido por REDES-Amigos de la Tierra Uruguay, Food and Water Watch, Friends of the Earth Europe e os socios do programa “Feeding and Fuelling Europe”.

 

proxecto fiare galiza