O programa 'En Portada' de TVE puxo en Internet o magnifico documental: A ORDE CRIMINAL DO MUNDO, no que algúns intelectuais describen o que está pasando na nosa sociedade, no que o modelo socio-económico que algúns impuxeron lévanos irremisiblemente á autodestrucción e xa que logo desaparición da nosa especie sobre o planeta e seica arrastramos tamén ao resto dos seres vivos. Se isto non se frea o noso destino está definitivamente marcado, o problema é que canto máis tempo tardemos en frealo a probabilidade de que isto ocorra aumenta.