O texto que se aprobou foi unha transacción entre os tres grupos parlamentarios e os votos foron que SI por unanimidade.
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, no ámbito das súas competencias, non contemple a produción dos cultivos transxénicos destinados ao consumo humano e animal e, en consecuencia, a:
- Incentivar as producións agrogandeiras tradicionais, de calidade e os cultivos ecolóxicos garantindo a súa máxima protección xenética e valores nutricionais, e impedindo a súa hibridación e/ou polinización por outros organismos modificados xeneticamente.
- Establecer sistemas de identificación, control e rastrexabilidade dos produtos agrogandeiros que garantan información ao consumidor sobre a súa procedencia e método do cultivo e/ou crianza.
- Incentivar a investigación en biotecnoloxía e en enxeñaría xenética.
- Informar e formar a cidadanía, especialmente os profesionais do sector agrogandeiro en todos os aspectos e efectos relacionados cos OXM.”