O noso café de Ecuador. A experiencia AACRi Río Intag

AACRI son as siglas da Asociación agroartesanal de caficultores do Río Intag. Esta asociación é unha alternativa campesiña de desenvolvemento integral que agrupa a 300 familias que participan activamente na organización.

A AACRI nace no ano 1998 como unha resposta social aos problemas ambientais orixinados pola explotación mineira e prácticas agrícolas non adecuadas. Realizou programas de capacitación e asistencia técnica para a produción agrícola, e instalou unha planta de procesamiento artesán do café, que comercializan no mercado nacional e internacional de comercio xusto. O principal produto é o noso CAFÉ RÍO INTAG.

As familias realizan a produción agrícola da zona en pequenas extensións, integrando cultivos, crianza de animais e protección ambiental. A terra, a auga e o bosque aténdense desde o concepto de leira integral, mediante traballo organizado, valores de xustiza e solidariedade, tecnoloxías alternativas e produción orgánica.

As prácticas agrícolas permiten manter o ecosistema, fomentar o desenvolvemento de maneira sustentable e garantir a soberanía alimentaria ás familias campesiñas.

O CONTEXTO SOCIOECONÓMICO

Desde hai anos os habitantes da zona de Intag no cantón do Cotacachi, Ecuador, fixeron fronte ás agresións das multinacionais mineiras, que arrasan bosques, ríos e leiras coa contaminación e a talla indiscriminada de árbores dunha reserva natural que pertence á comunidade, situada sobre un xacemento de cobre e que é utilizada polas comunidades de Intag para un exitoso programa de turismo responsable.

Con esta situación, non só están afectadas as comunidades da zona, senón tamén as organizacións sociais e institucións do cantón.

Unha das actividades económicas máis importantes é a agricultura, tamén a manufacturera artesanal e a actividade turística.

Nos últimos anos, a produción agrícola reduciuse debido á crise xeral da agricultura no país, vítima de actividades como o dumping ou a deslocalización do cultivo, que fai que o mercado interno estea cada vez máis copado por produtos foráneos en detrimento de a produción autóctona campesiña. As dificultades de acceso e os escasos recursos económicos e de infraestrutura fan que a vida dos seus habitantes sexa unha loita cotiá.

A sociedade civil organizada de Intag e Cotacachi optaron definitivamente polo desenvolvemento sustentable e por dicir NON aos proxectos que ameazan o seu benestar natural e sociocultural.

 

proxecto fiare galiza