O mexicano que vivía tranquilo

Na literatura sobre o decrecimiento, hai unha anécdota omnipresente, que dá no cravo de moitas das miserias das
nosas percepcións. Unha das versións desa anécdota áchase
ambientada nun pobo da costa mexicana. Un paisano está, medio
adormentado, xunto ao mar. Un turista norteamericano achégaselle e
entablan conversación.

O turista pregúntalle:

- "E vostede, ¿a que se dedica? ¿En que traballa?".

O mexicano responde:

- "Son mariñeiro".

- "¡Vaia, pois debe ser un traballo moi duro! Traballará vostede moitas horas".

- "Si, moitas horas", replica o mexicano.

- "¿Cantas horas traballa vostede ao día?".

- "Bo, traballo tres ou catro horitas".

- "Pois non me parece que sexan moitas. ¿E que fai vostede o resto do tempo?".

- "Vaia. Levántome tarde. Traballo tres ou catro horitas, xogo un intre
cos meus fillos, durmo a sesta coa miña muller e logo, á tardiña,
saio cos amigos a tomar unhas cervexas e a tocar a guitarra".

O turista norteamericano reacciona inmediatamente de forma airada e responde:

- "Pero home, ¿como é vostede así?".

- "¿Que quere dicir?".

- "¿Por que non traballa vostede máis horas?".

- "¿E para que?", responde o mexicano.

- "Porque así ao cabo dun par de anos podería comprar un barco máis grande".

- "¿E para que?".

- "Porque un tempo despois podería montar unha factoría neste pobo".

- "¿E para que?".

- "Porque logo podería abrir unha oficina no distrito federal".

- "¿E para que?".

- "Porque máis adiante montaría delegacións en Estados Unidos e en Europa".

- "¿E para que?".

- "Porque as accións da súa empresa cotizarían en bolsa e vostede faríase inmensamente rico".

- "¿E para que?".

- "Pois para poder xubilarse tranquilamente, vir aquí, levantarse
tarde, xogar un intre cos seus netos, durmir a sesta coa súa muller e
saír á tardiña a tomarse unhas cervexas e a tocar a guitarra cos
amigos".

 

proxecto fiare galiza