O custe dun café Starbucks

O valor agregado do café concéntrase ao final da cadea comercial. Un puñado de importadoras e torrefadoras controla, así, máis do 78% dos beneficios económicos provenientes do café, enquando no inicio da cadea 25 millóns de familia de cafeicultores só reciben unha parte ínfima das ganancias (Daviron e Ponte, 2005; Fitter e Kaplinsky, 2001).

Do lado do consumo, as grandes corporacións son as principais vendedoras de café tostado e do lado da produción son as maiores compradoras de café verde. O comercio do café está subordinado a un sistema en que cinco corporacións transnacionais regulan as transaccións comerciais entre millóns de produtores e millóns de consumidores de café.

Tomemos como exemplo a Etiopía que sofre da mesma maldición que afecta os países do Sur, produtores de ouro ou petróleo. Moitos dos países produtores de café están entre os máis pobres. Este país, berce do café, é unha das civilizacións máis antigas do mundo. Os grans da variedade Sidamo, provincia da Etiopía,poden ser comprados até 25 USD a libra na Starbucks. Non obstante, os 1,2 millóns de pequenos produtores etíopes de café reciben menos de 2 USD ao día.1 O rendemento per capita deste país é de cerca de 83 ?: un quinto da media da África Subsahariana (Banco Mundial 2007).

O Starbucks, nun pasado recente, mantivo unha disputa prolongada co goberno da Etiopía a propósito do uso do nome Sidamo (nome dunha variedade de café local de Etiopía) nos EUA. Despois de moito tempo e grazas a presión social perdeu esta "batalla". Isto, claro, sempre con obxectivos "filantrópicos".

Finalmente a Etiopía gañou os dereitos de rexistro da súa marca de café Sidamo nos Estados Unidos. A Etiopía foi forzada a esperar anos para conseguir o certificado, mais o Servizo de Rexistro de Marcas e Patentes dos EUA confirmou que a Etiopía é a única propietaria da marca rexistrada de café Sidamo.

Podemos ler tamén no artigo en cuestión que a Starbucks "só non ten 100 por cento do seu café con este selo porque non hai café certificado suficiente que poida fornecer todas as tendas da rede". Como diría un proverbio cristián "fai o ben e non olles a quen". Porquê entón depender da certifica Sendo o interese realmente nobre, o de mellorar as condicións de vida das comunidades, entón decida a Starbucks, de forma unilateral, independemente de certificações, pasar a pagar substancialmente mellor a todos os produtores a quen compra os grans de café. Os consumidores xa pagan 1,20 euros por un café expresado!

Non cremos que a real intención sexa explotar un nicho de mercado destinado a persoas cun maior poder de compra, ávidos de tranquilizar as súas consciencias e "durmiren tranquilos ao beberen un café do comercio xusto".
Tampouco pensamos que, para estas empresas, o Comercio Xusto non sexa un movemento social e si unha oportunidade de mellorar a súa imaxe pública facendo que a marca enteira pareza socialmente responsábel á custa dun selo (certificação) na minoría dos seus produtos...

Xa agora, acometidos por esta onda de boas-ganas "humanista" poderían ser absolutamente transparentes canto ás súas contas e mostrar aos produtores e publico en xeral cales son as marxes que practican, canto invisten en publicidade e marketing á custa do argumento da "axuda ao produtores" e da propia explotación da imaxe destes. Canto pagan pola certificação? Canto gaña un auditor que se despraza (cando se despraza) até ás comunidade produtoras para impor normas creadas nos despachos dos países ricos sen ter en conta as especificidades locais, nunha relación de cima para baixo e, tamén, como é feita a construción do prezo de venda ao publico?

Aínda varridos por este "tsunami" de boa-bondade podería a Starbucks permitir que os produtores participasen igualitariamente nas decisións da corporación e consecuentemente nos lucros. Que puidesen os produtores crear condicións de participar, tamén tecnicamente, no proceso de transformación dos grans, sector para onde se destina a fatia maior dos lucros e de aí colher beneficios económicos. Que os seus traballadores, nas tendas, puidesen igualmente participar nas decisións e lucros desta corporación transnacional e tivesen emprego estábel. Todas estas prácticas tamén forman parte da construción dun Comercio máis Xusto.

Sabemos que, felizmente, estas sinceras preocupacións cos pobres e a fame no mundo e coa preservación do medio-ambiente non son exclusivas da Starbucks, mais si extensíveis a moitos grandes grupos transnacionais e nacionais.

É en función destas prácticas da dita "responsabilidade social corporativa" que vivimos nun planeta cada vez mellor: nos últimos dous anos a fame no mundo pasou de 850 millóns de seres humanos para 1.020 millóns, que o quecemento global atinxe niveis inéditos, que os fluxos migratórios aumentan, en fin que a concórdia universal está a piques de ser alcanzada.

Do lado de acá da cadea procúrase que deixemos de ser cidadáns para sermos consumidores ben comportados, acríticos, passivos e caridosos. Cando vemos un pato a flutuar nun río xa se di "parece un pato de banheira" e para eloxiarmos unha planta dicimos "parece unha flor de plástico".

Mó de Vida – Cooperativa de Comércio Justo (Almada)
Ecos do Sul – Loja do Mundo (Amadora)

Entidades portuguesas de comercio xusto

 

proxecto fiare galiza