Nós alimentamos o mundo

Todos os días en Viena, a cantidade de pan que non venden e devolven para tirar sería suficiente para fornecer a Graz, a segunda cidade máis grande de Austria. Unhas 350.000 hectáreas de terra agrícola, sobre todo en Sudamérica, están adicadas ao cultivo de soia trnasxénica para alimentar ao gando de Austria mentres que o 25% da poboación local pasa fame. Cada europeo come 10 quilos ao ano de verduras artificialmente irrigadas en invernadoiros no sur de España, provocando escaseza de auga.

En "Nós alimentamos ao mundo", o cineasta austriaco Edwin Wagenhofer explora as orixes da nosa comida. A súa viaxe lévalle por Francia, España, Rumania, Suiza, Brasil e logo de volta a Austria. A nosa guía na película é unha entrevista con Jean Ziegler, o Ponente Especial de Nacións Unidas sobre o Dereito á Alimentación.

"Nós alimentamos ao mundo" é unha película sobre a comida e a globalización, mariñeiros e agricultores, camioneros e executivos corporativos, a circulación de produtos e do diñeiro, unha película sobre a escaseza rodeada da abundancia. Coas súas imaxes inesquecibles, a película infórmanos sobre a produción da nosa comida e dinos porqué temos algo que ver co fame no mundo.
Entrevistan non só a pescadores, agricultores, biólogos e a Jean Ziegler de Nacións Unidas, senón tamén ao director de produción de Pioneer, a empresa de sementes máis grande do mundo, igual que a Peter Brabeck, director xeral de Nestlé International, a empresa de "alimentación" máis grande do planeta.

 

proxecto fiare galiza