Muiño parado non gaña maquía

Vivimos tempos nos que o imparable deteriro medioambiental ocupa gran parte da nosa realidad cotía; os alimentos que consumimos son sometidos cada vez a máis a procesos industriais como se de parafuxos se trataran: o consumo abusivo de auga fai dela un ben escaso alí onde nunca faltou; as necesidades enerxéticas aumentarn de xeito disparatado facendo imposibles as previsións de futuro.

Neste contexto, loitar pola conservación e recuperación do medio natural, polo retorno dos alimentos a estadíos pre-industriais e pola recuperación de actividades comunitarias e sostibles, semella ser unha obriga para o noso presente e para as xeracións futuras.

Temos a sorte de vivir nunha terra na que a abundancia de auga e o inxenio popular deron froito nunha construcción, os muiños de auga, sinxela no seu funcionamento, máis ben sifisticada poa cantidade e precisión das pezas que interveñen; e que ben pode ser na actualidade un modelo de funcionamento ecolóxico, pois no proceso de moenda non hai consumo enerxético, nin de recursos, e a auga sae da "máquina" no mesmo estado e cantidade en que entrou, sen contaminar nun unha pinga.

E tamén temos a "sorte" de que aída seguen vivas moitas das muiñeiras e muiñeiros de antano que nós deixaron a herdanza das súas vivencias (algunhas agradables e outras non tanto) e coñecementos relacionados coa muiñada.

A abundancia de muiños en todolos caudais galegos da idea da importancia que esta actividade tiña na economía e na conformación social da Galiza. Dende hai máis ou menos 20 anos esta actividade comezou a desaparecer, sobre todo polo troco na alimentación, a diminución da cabaña gandeira (consumidora de boa parte das fariñas), o abandono do agro a favor da industria e servizos, e a introdución de muiños eléctricos.

Nos últimos anos hai un gran número de proxectos de conservación, recuperación e rehabilitación destas costruccións tradicionais de gran interese patrimonial. Máis esta recuperacíon debe ir acompañada de actividades que impidan de novo o seu deterioro, dandolle unha nova función no presente e no futuro; ben sexa como áreas de esparcimento, de divulgación, museo, proxecto de xeración eléctrica, moenda, ...

O presente proxecto nace con esta idea e dos desexos de Consumo Consciente Árbore de realizar actividades cunha clara finalidade social, tal e como establecen seus Estatutos.

O Concello de Vigo ten en propiedade un muiño na parroquía de Santa María de Cabral, coñecido polas habitantes do lugar como Muiño do Severo. O muiño ten máis de 200 anos, segundo nos conta Severo, seu anterior propietario e quen mantivo funcionando o muiño ate hai 50 anos. Atópase en perfecto estado despois da respetuosas rehabilitación efectuada polo Concello, e en condicións de ser usado. Situado no Lagares, o curso máis importante do Concello, ten na súa proximidade unha mina de auga, a Fonte do Fixán, á que acuden os veciños a diario, e unha gran variedade de especies vexetais de ribeira.

Nós, os membros da Comisión do Muiño, faremos as seguintes actividades en breve:

  • Actividades divulgativas relacionadas coa moenda e co mundo dos muíños, dirixidas tanto a adultos coma crianzas.
  • Actividades lúdicas relacionadas co muíño e o seu entorno (festas, muiñadas, etc.)
  • Actividades ecolóxicas no entorno do muíño. (coñecemento do medio natural)
  • Proxectos de investigación acerca dos muiños e dos cauces de auga sitos nas proximidades.
  • Outros aproveitamentos do muíño comoa xeración de enerxía eléctrica.
  • Creación dun espacio para actividades que teñan que ver cos fins da cooperativa.
  • Muiñadas.
  • Compartir coñecementos cos veceiños neste marabilloso espazo.

O noso proxecto non é nostalxico senón unha aposta por un presente de maior calidade de vida. A recuperacíon da moenda ten moito que ver cun sentido da vida (que está a ter cada vez máis adeptos) que une as vantaxes da vida so século XXI coa recuperacíon e adaptación de prácticas cotidianas de xeracíons anteriores.

Recoñecer a riqueza intrinseca a esas prácticas case esquencidas é facer as nosas vidas e as das xeracións futuras máis saudabeis.

Moer, facer pan, aproveitar a enerxía xerada pola auga do río, recuperar o acervo lingusitco relacionado coa moenda, abrir mercados aos labregos de grao, facer posible outro xeito de alimentarnós, crear vínculos comunitarios, ofrecer espazos de convivencia entre xeracións, aproveitar as construccións nacidas do inxenio popular, completar ciclos naturais como o cultivo de sementes, son algunhas das moitas posibilidades que ofrece un espazo tan singular coma un muíño.

Os muíños non son hisotria, son presente e futuro.

Comisión do Muíño - Consumo Consciente Árbore

 

proxecto fiare galiza