Manifestación de Galiza Non se Vende

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto no seu Consello o "Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado".
Este proxecto, ampliamente rexeitado, expropia terreos nalguns dos máis privilexiados e virxes recantos da costa galega para poñelos en mans das multinacionais do peixe de granxa, actividade económica antiecolóxica (fan falla 3 quilos de peixe bravo para producir 1 de peixe de granxa), de forte impacto ambiental e pasaxistico e que compite coa actividade pesqueira artesanal.
A rede de colectivos Galiza Non Se Vende convoca para o xoves unha concentración diante da Consellería de Presidencia en San Caetano, Compostela, acude e mostra o teu rexeitamento ás políticas que favorecen aos grandes grupos empresariais perxudicando ao interese xeral.
Pásao e acude

Foro Social de Cangas
www.cangasnonsevende.org

 

proxecto fiare galiza